Ogú y Mampato en Rapa Nui
filme de 2002 dirixido por Alejandro Rojas Hube
Ogú y Mampato en Rapa Nui é un filme chileno de animación de 2002 creado por Cine Animadores e producido por Estudios Elásticos. Malia que non é o primeiro filme de animación creado en Chile, sendo o segundo após La Trasmisión del Mando Presidencial de 1921, é considerado o primeiro filme moderno de animación.[1] O filme baséase no personaxe de banda deseñada Mampato creado en 1971 para a revista do mesmo nome de Themo Lobos e Eduardo Armstrong. Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Ogú y Mampato en Rapa Nui | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ogú y Mampato en Rapa Nui |
Director | Alejandro Rojas |
Guión | Daniel Turkeltaub |
Baseado en | Banda deseñada de Themo Lobos |
Intérpretes | Marina Huerta Maynardo Zavala Carlos del Campo Gerardo Vázquez Alondra Hidalgo Mary Paz García Mauro Samaniego Miguel Angel Ghigliazza Mario Castañeda Adrián Fogarty Benjamin Rivera |
Música | Rodrigo Apablaza Emilio Manutomatoma Joe Vasconcellos |
Distribuidora | Mediafilm |
Estrea | 27 de xuño de 2002 |
Duración | 80 minutos |
Orixe | Chile |
Xénero | Animación |
Na rede | |
Personaxes
editar- Marina Huerta como Mampato
- Maynardo Zavala como Ogú
- Alondra Hidalgo como Marama
- Octavio Rojas como Toki
- Benjamín Rivera como Juke
- Miguel Ángel Ghigliazza como Grande Ariki
- Mario Castañeda como pai de Mampato
Notas
editar- ↑ Rafael Valle. "Ogú y Mampato en Rapa Nui review by Mabuse e-zine". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2008. Consultado o 23 de decembro de 2008.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Ogú y Mampato en Rapa Nui na IMDb (en inglés).