Olivella
Olivella é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona. Forma parte da comarca do Garraf.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Comarca | Garraf | ||||
Capital | Olivella (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.414 (2023) (113,76 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 10 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 38,8 km² | ||||
Bañado por | Riera de Begues (en) | ||||
Altitude | 211 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Olivella (en) | Marta Verdejo Sánchez (pt) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08818 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08148 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081483 | ||||
Sitio web | olivella.cat |
Historia
editarO primeiro pequeno núcleo habitado de Olivella xurdiu do Castell Vell cara ao ano 992, no monte do Puig Molí. A súa poboación vivía da agricultura de secaño.
Logo destes inicios houbo unha diminución da poboación polo mal funcionamento das colleitas e a devastación pola peste negra.
A partir do século XIV a poboación volveu medrar e foise consolidando pola aparición de diferentes masías preto da vila: Can Suriol, les Piques del Masseguer, Mas Liona, Mas Bargalló, la Crivillera, Can Grau, la Masia del Rector e Can Martí.
Actualmente o municipio compóñeno gran parte destas masías, que aínda se conservan, o núcleo urbano, onde está o concello e a Igrexa Nova, e as urbanizacións, que concentran a maioría da poboación.
Demografía
editarO municipio está formado pola vila de Olivella (313 hab.) e as urbanizacións de Can Surià, Les Colines, Mas Guineu, Mas Mestre, Mas Milà e Plana Novella (3.027 hab). Ademais a histórico poboación de Jafre atópase abandonada.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1986 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
350 | 233 | 182 | 115 | 111 | 200 | 3.123 |
Lugares de interese
editarNo concello atopamos o Palau Novella, coñecido tamén como Mosteiro budista do Garraf, unha antiga casa convertida actualmente en mosteiro budista –Sakya Tashi Ling. Atópase na urbanización de Plana Novella, no Parque Natural do Garraf.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olivella |