Olivenza

concello da provincia de Badaxoz

Olivenza (en portugués Olivença) é un concello español, historicamente disputado por Portugal, situado na provincia de Badaxoz (Estremadura), preto do río Guadiana. É sede da comarca de seu nome.

Modelo:Xeografía políticaOlivenza
Olivenza (es)
Olivença (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°41′09″N 7°06′03″O / 38.6857, -7.1007
Territorio reivindicado porPortugal
España Editar o valor en Wikidata
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Badaxoz Editar o valor en Wikidata
CapitalOlivenza Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.776 (2023) Editar o valor en Wikidata (27,39 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie430 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Guadiana Editar o valor en Wikidata
Altitude327 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación 1833:  causado por División territorial de España en 1833 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
11 de xaneiro de 1811Cerco de Olivença (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE06095 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webayuntamientodeolivenza.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451977

Xeografía

editar

Olivenza está situada na marxe esquerda do río Guadiana, a 23 km da cidade de Elvas e 24 km de Badaxoz. A área do concello oliventino é de 430 km². O territorio é de forma triangular, con dous dos seus vértices no río Guadiana.

O concello de Olivenza inclúe hoxe dúas vilas e catro aldeas: San Francisco e San Rafael (vilas); e Villarreal, Santo Domingo, San Benito de la Contienda e San Jorge de Alor (aldeas).

Historia

editar

Forma parte de España dende a Guerra das Laranxas, que tivo lugar en 1801. Portugal non recoñece oficialmente a soberanía española sobre o territorio [Cómpre referencia]. De feito, neste concello fálase o dialecto oliventino, dentro do mapa dialectal do portugués europeo.

En 1801 o concello de Olivenza estaba constituído polas seguintes freguesías:

  • Santa Maria do Castelo (Olivenza)
  • Santa Maria Madalena (Olivenza)
  • São Jorge da Lor
  • São Domingos de Gusmão
  • Nossa Senhora da Assunção da Talega ou Táliga, actualmente concello español.
  • A aldea de Vila Real, tamén situada no actual concello de Olivenza, formaba parte en 1801 da freguesía e concello de Juromenha, que agora integra o municipio portugués de Alandroal.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 1