Ollo de sapo

formación xeolóxica

O ollo de sapo é unha formación xeolóxica de 600 km de longo, que vai desde a costa central cantábrica galega ata o sistema central ibérico, e que xordiu durante a elevación da pre-meseta ibérica do Cámbrico-Ordovícico. Esta formación componse de rochas volcánicas graníticas e félsicas que metamorfizaron en diferentes graos. Destaca nelas unha proporción elevada de zirconita e abundan máis en superficie no núcleo do anticlinorio, que vai da Estaca de Bares a Seabra.[1][2]

Gneis do "ollo de sapo".

O a primeira descrición do ollo de sapo fíxoa Hernández Sampelayo en 1922. Parga Pondal describiuno con detalle e deulle o nome polos piroclastos de cuarzo azulados que abundan nos porfiroides, e que son característicos desta formación.[1][3]

  1. 1,0 1,1 Montes, A. Díez; Catalán, J. R. Martínez; Mulas, F. Bellido (03/2010). "Role of the Ollo de Sapo massive felsic volcanism of NW Iberia in the Early Ordovician dynamics of northern Gondwana". Gondwana Research. The Rheic Ocean: Palaeozoic Evolution from Gondwana and Laurussia to Pangaea 17 (2–3): 363–376. ISSN 1342-937X. doi:10.1016/j.gr.2009.09.001. Consultado o 29/08/2017.  (en inglés)
  2. Montero, P.; Talavera, C.; Bea, F.; Lodeiro, F. G.; Whitehouse, M. J. (1/03/2009). "Zircon Geochronology of the Ollo de Sapo Formation and the Age of the Cambro-Ordovician Rifting in Iberia". The Journal of Geology 117 (2): 174–191. ISSN 0022-1376. doi:10.1086/595017. Consultado o 29/08/2017.  (en inglés)
  3. Parga, Pondal; Matte, P.; Capdevila, R. (1964). "Introduction à la géologie de l'"Ollo de Sapo", Formation porphyroide anté-silurienne du Nord Ouest de l'Espagne". Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España 76: 119–153.  (en francés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES