Operación Triunfo 2018
Operación Triunfo 2018, tamén coñecido polas súas siglas OT 2018, é a décima edición do programa de televisión musical Operación Triunfo de La 1 de Televisión Española. O programa, que conta cunha duración provisional de 91 días, foi estreado o 19 de setembro de 2018, sendo líder de audiencia, cultivando un 20,5% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia, aínda que, ao longo das semanas, mostrou unha clara tendencia descendente nos seus datos.
Desenvolvemento
editarO 7 de febreiro de 2018, anunciouse que RTVE renovaría Operación Triunfo no seu Consello de Administración de marzo para unha nova edición en outono.[1] Finalmente, foi o 28 de febreiro cando o Consello de Administración de RTVE aprobaba por unanimidade a renovación do programa de Gestmusic por unha décima edición, que chegaría en setembro do mesmo ano.[2] A décima edición do programa conta cun total de 14 galas, que no seu conxunto supoñen un custo de 11 millóns de euros, nos que van incluídos os custos da canle 24 horas e os resumos diarios, entre outros gastos alleos ás galas en directo.[3] Así mesmo, o concurso volve servir como preselección de España para o Festival de Eurovisión 2019, feito que se confirmou o 14 de setembro, durante a rolda de prensa na que se presentou a edición, e que, ademais, contemplaban as bases do concurso.[4]
Instalacións
editarUn ano máis, os estudos do Parc Audiovisual de Catalunya, situados en Terrassa, acollen tanto o estudo como a academia. As instalacións, que ocupan 2.200 metros cadrados, contan cun edificio de tres plantas, utilizado como academia e un renovado estudo de grandes dimensións e de alta tecnoloxía que dobra tanto o tamaño como a capacidade do seu antecesor en 2017, contando con case 1.000 espectadores de público.[5]
Seleccións
editarO 14 de maio anunciáronse as cidades que acolleron as seleccións.[6] A novidade das seleccións desta edición foron os #OTCover, que consistiu en que as mellores actuacións subidas ás redes sociais baixo ese mesmo hashtag gañaron un pase directo para evitar as colas de espera.[7] En total, 16 769 persoas presentáronse ás probas de selección.[8]
Data | Lugar | Asistentes | Pases á segunda fase |
30 de maio de 2018 | Explanada olímpica do Palau Sant Jordi (Barcelona) | 2 504 persoas | 107 |
4 de xuño de 2018 | Porto de Alacant (Alacant) | 1 200 persoas | 42 |
7 de xuño de 2018 | Porto de Valencia (Valencia) | 2 075 persoas | 65 |
12 de xuño de 2018 | Palau de Congressos do Poble Espanyol (Palma) | 525 persoas | 18 |
18 de xuño de 2018 | Palacio de Congresos e Auditorio Kursaal (Donostia) | 950 persoas | 27 |
21 de xuño de 2018 | Museo do Mar de Galicia (Vigo) | 890 persoas | 31 |
26 de xuño de 2018 | Auditorio de Tenerife (Tenerife) | 600 persoas | 34 |
2 de xullo de 2018 | Palacio de Ferias y Congresos de Málaga (Málaga) | 1 850 persoas | 72 |
5 de xullo de 2018 | Fibes (Sevilla) | 2 145 persoas | 61 |
10 de xullo de 2018 | Universidade Politécnica de Madrid (Madrid) | 3 460 persoas | 107 |
A fase final do casting deu comezo o 28 de agosto no Parc Audiovisual de Catalunya, en Terrassa, e prolongouse durante tres días.[9]
Equipo
editarPresentadores
editarIgual que na edición anterior, Roberto Leal é o encargado de presentar as galas. Ademais, Noemí Galera e Ricky Merino ocúpanse de presentar "El chat".
Profesores
editarO claustro da academia está formado por:[10]
- Noemí Galera, directora da academia, presentadora de "El chat".
- Manu Guix, director musical.
- Vicky Gómez, coreógrafa.
- Mamen Márquez, directora vocal e profesora de Técnica vocal.
- Joan Carles Capdevila, coach vocal.
- Laura Andrés, coach vocal.
- Javier Calvo e Javier Ambrossi, profesores de interpretación (día 43 a 91).
- Itziar Castro, profesora de interpretación (día 1 a 42).
- Miqui Puig, profesor de Cultura musical.
- Andrea Vilallonga, profesora de Imaxe e protocolo.
- Xuan Lan, profesora de ioga.
- Magali Dalix e Gotzon Mantuliz, profesores de Forma física e vida sa.
- Rubén Salvador, profesor de Bailes de salón.
- Cristina Burgos, profesora de Hip/Hop.
- Sheila Ortega, profesora de Danzas urbanas.
- Chris Nash, profesor de Inglés.
- Ana Amengual, profesora de Dietética.
Profesores anteriores
editarO 31 de outubro de 2018, por primeira vez na historia do programa, Gestmusic, en consenso co equipo encargado de RTVE, tomou a decisión unilateral de prescindir de Itziar Castro como profesora de interpretación, por "non conseguir os obxectivos esperados na súa área, onde o traballo cos concursantes non deu o resultado esperado nas Galas". Así pois, a participación de Castro na academia finalizou durante a sexta semana de concurso, abandonando o seu posto tras a gala do mércores.[11]
Xurado
editar- Manuel Martos, produtor executivo de Universal Music.
- Joe Pérez-Orive, director de mercadotecnia de Live Nation.
- Ana Torroja, cantante, exvocalista de Mecano.
Ao mesmo tempo, en cada gala cóntase cun cuarto xurado invitado:
- Tony Aguilar (Gala 1)
- Julia Gómez Cora (Gala 2)
- Rosana (Gala 2): en substitución de Ana Torroja
- Wally Lopez (Gala 3)
- David Otero (Gala 4)
- Javier Llano (Gala 5)
- Carlos Jean (Gala 6)
- Brisa Fenoy (Gala 7)
- Ruth Lorenzo (Gala 8)
- Pastora Soler (Gala 9)
- Paco Tomás (Gala 10)
- Ana Belén (Gala 11): en substitución de Ana Torroja
Emisión
editar- Galas:
- Mércores: en La 1 e TVE Internacional ás 22:35.
- Domingo: repetición da gala do mércores ás 11:05 en La 1.
- Chats:
- Ao finalizar as galas en directo (01:15) en La 1 e TVE Internacional.
- Outros contidos:
Concursantes
editarN.º | Concursante | Idade | Residente en | |
01 | Famous Oberogo | 19 anos | Bormujos | |
02 | Alba Reche | 20 anos | Elx | |
03 | Natalia Lacunza | 19 anos | Pamplona | |
04 | Sabela Ramil | 25 anos | As Pontes | |
05 | Julia Medina | 23 anos | San Fernando | |
06 | Miki Núñez | 22 anos | Terrassa | |
07 | Marta Sango | 18 anos | Torre del Mar | |
08 | María Villar | 27 anos | Madrid | |
09 | Marilia Monzón | 18 anos | Gáldar | |
10 | Carlos Right | 25 anos | Esplugues de Llobregat | |
11 | Noelia Franco | 22 anos | Málaga | |
12 | Damion Frost | 21 anos | Adeje | |
13 | Dave Zulueta | 20 anos | Sanlúcar de Barrameda | |
14 | Joan Garrido | 22 anos | Bunyola | |
15 | África Adalia | 22 anos | Madrid | |
16 | Alfonso Lacruz | 22 anos | Madrid | |
Aspirantes eliminados na Gala 0 | ||||
---|---|---|---|---|
17 | Rodrigo Blanco | 25 anos | San Juan del Puerto | |
18 | Luis Mas | 19 anos | El Masnou |
Estatísticas semanais
editarVotacións dos concursantes
editarApós o xuízo do xurado, os concursantes decidían, a través dunha votación, que compañeiro/a desexaban salvar do nomeamento.
Gala 1 | Gala 2 | Gala 3 | Gala 4 | Gala 5 | Gala 6 | Gala 7 | Gala 8 | Gala 9 | Gala 10 | Votos totais recibidos | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Famous | Joan G. | Dave | Damion | Dave | Marta | Noelia | Miki | Marta | Marta | Marta | - |
Alba Reche | Joan G. | Joan G. | Joan G. | Dave | Carlos R. | María | Carlos R. | María | María | Miki | - |
Natalia | Joan G. | Joan G. | Damion | Sabela | Carlos R. | María | Miki | María | Julia | Miki | - |
Sabela | Nomeada | Joan G. | Joan G. | Nomeada | Damion | Marilia | Miki | María | Julia | Nomeada | 9 |
Julia | Joan G. | Dave | Dave | Dave | Carlos R. | Noelia | Marilia | Marilia | Nomeada | Sabela | 3 |
Miki | Joan G. | Joan G. | Joan G. | Dave | Carlos R. | María | Nomeado | María | Julia | Nomeado | 5 |
Marta | Alfonso | Dave | Dave | Sabela | Nomeada | Noelia | Marilia | Nomeada | Nomeada | Nomeada | 6 |
María | Sabela | África | Dave | Sabela | Carlos R. | Nomeada | Marilia | Nomeada | Nomeada | Expulsada | 8 |
Marilia | Sabela | Joan G. | Joan G. | Sabela | Marta | Nomeada | Nomeada | Nomeada | Expulsada | 6 | |
Carlos Right | Sabela | Dave | Dave | Nomeado | Nomeado | Marilia | Nomeado | Expulsado | 7 | ||
Noelia | Alfonso | Dave | Dave | Carlos R. | Marta | Nomeada | Expulsada | 3 | |||
Damion | Alfonso | África | Nomeado | Sabela | Nomeado | Expulsado | 3 | ||||
Dave | Joan G. | Nomeado | Nomeado | Nomeado | Expulsado | 14 | |||||
Joan Garrido | Nomeado | Nomeado | Nomeado | Expulsado | 15 | ||||||
África | Alfonso | Nomeada | Expulsada | 3 | |||||||
Alfonso | Nomeado | Expulsado | 2 |
- Concursante nomeado/a, salvado/a polo voto dos seus compañeiros.
- Concursante nomeado/a, falto/a do voto de salvamento dos seus profesores e compañeiros.
- Concursante expulsado/a.
Expulsións
editarO público votaba para salvar ao seu concursante favorito, polo tanto, o/a expulsado/a é o/a concursante coa porcentaxe de votos máis baixa.
- Gala 0: Carlos Right (42%) / Rodrigo (37%) / Luis (21%).
- Gala 2: Sabela (78,8) / Alfonso (21,2%).
- Gala 3: Dave (80%) / África (20%).
- Gala 4: Damion (65%) / Joan Garrido (35%).
- Gala 5: Carlos Right (62%) / Dave (38%).
- Gala 6: Marta (59%) / Damion (41%).
- Gala 7: Marilia (50,2%) / Noelia (49,8%).
- Gala 8: Marilia (57%) / Carlos Right (43%).
- Gala 9: Marta (53%) / Marilia (47%).
- Gala 10: Marta (57%) / María (43%).
- Gala 11: Sabela (64%) / Marta (36%).
- Gala 12: Sabela (43%) / Julia (37%) / Miki (20%).
Audiencias
editarEstas son as audiencias que obtivo o programa Operación Triunfo 2018.
Galas
editarData | Día | Programa | Estrutura do programa | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|---|
19 de setembro de 2018 | Mércores | Gala 0 | Presentación / Entrada dos 16 concursantes / Eliminación de Luis e Rodrigo | 2 321 000 | 20,5%[12] |
26 de setembro de 2018 | Mércores | Gala 1 | Nomeamento de Alfonso e Sabela | 2 102 000 | 16,6%[13] |
3 de outubro de 2018 | Mércores | Gala 2 | Expulsión de Alfonso / Nomeamento de África e Dave | 1 875 000 | 15,8%[14] |
10 de outubro de 2018 | Mércores | Gala 3 | Expulsión de África / Nomeamento de Damion e Joan | 2 028 000 | 17,0%[15] |
17 de outubro de 2018 | Mércores | Gala 4 | Expulsión de Joan Garrido / Nomeamento de Carlos e Dave | 1 963 000 | 16,9%[16] |
24 de outubro de 2018 | Mércores | Gala 5 | Expulsión de Dave / Nomeamento de Damion e Marta | 1 902 000 | 15,9%[17] |
31 de outubro de 2018 | Mércores | Gala 6 | Expulsión de Damion / Nomeamento de Noelia e Marilia | 1 742 000 | 14,1%[18] |
7 de novembro de 2018 | Mércores | Gala 7 | Expulsión de Noelia / Nomeamento de Carlos e Marilia | 1 841 000 | 15,3%[19] |
14 de novembro de 2018 | Mércores | Gala 8 | Expulsión de Carlos Right / Nomeamento de Marilia e Marta | 1 886 000 | 15,3%[20] |
21 de novembro de 2018 | Mércores | Gala 9 | Expulsión de Marilia / Nomeamento de María e Marta | 1 930 000 | 16,2%[21] |
28 de novembro de 2018 | Mércores | Gala 10 | Expulsión de María / Nomeamento de Marta e Sabela | 1 906 000 | 16,0%[22] |
5 de decembro de 2018 | Mércores | Gala 11 | Expulsión de Marta / Elección de Natalia e Famous como finalistas | 1 888 000 | 15,3%[23] |
12 de decembro de 2018 | Mércores | Gala 12 | Expulsión de Miki / Elección de Alba, Sabela e Julia como finalistas | 1 778 000 | 15,4%[24] |
19 de decembro de 2018 | Mércores | Gala Final | Vitoria de Famous / 2ª Alba Reche / 3ª Natalia / 4ª Sabela / 5ª Julia | 2 231 000 | 19,4%[25] |
Programas especiais
editarData | Día | Programa | Estrutura do programa | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|---|
26 de decembro de 2018 | Mércores | Gala Nadal | Encontro con finalistas de Operación Triunfo 2017 | 1 793 000 | 12,7%[26] |
20 de xaneiro de 2019 | Domingo | Gala Eurovisión | Elección do representante de España no Festival de Eurovisión 2019 | 1 892 000 | 11,6%[27] |
- Líder da noite.
- Récord de audiencia.
Notas
editar- ↑ Daniel Jabonero (28 de febreiro de 2018). "TVE renovará en marzo 'Operación Triunfo' para unha nova edición en outono". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2018.
- ↑ PRENSA RTVE (28 de febreiro de 2018). "Reunión do Consello de Administración de RTVE de 28 de febreiro de 2018". Consultado o 28 de febreiro de 2018.
- ↑ http://vertele.eldiario.es (28 de febreiro de 2018). "O que pagará TVE por Operación Triunfo 2018 e o novo Bailando con las estrellas". Consultado o 14 de maio de 2018.
- ↑ "O representante de España en Eurovisión 2019 sairá de OT". 14 de setembro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Héctor Alabadí (24 de maio de 2017). "'OT 2017': A Academia e o plató estarán ubicados no Parc Audiovisual de Catalunya en Terrassa (Barcelona)". Consultado o 14 de setembro de 2017.
- ↑ formulatv.com (14 de maio de 2018). "'OT 2018': TVE anuncia las fechas y ciudades en las que tendrán lugar los castings de la nueva edición". Consultado o 14 de maio de 2018.
- ↑ RTVE.es (23 de maio de 2018). "Las #OTCover, fenómeno en redes sociales con más de 10.000 grabaciones". Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ gestmusic.es (11 de xullo de 2018). "‘OT 2018’ finaliza su casting con más de 16.000 aspirantes". Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ David Carro (1 de agosto de 2018). "'OT 2018' inicia o seu casting final o martes 28 de agosto cun misterioso anuncio". Consultado o 10 de agosto de 2018.
- ↑ RTVE.es (14 de setembro de 2018). "Coñece o renovado claustro de profesores con Itziar Castro e Miqui Puig". Consultado o 14 de setembro de 2018.
- ↑ FórmulaTV (31 de outubro de 2018). "Itziar Castro deixa de ser profesora de 'OT 2018'".
- ↑ "'OT 2018' debuta cun fantástico 20,5% e convértese no más visto do día". FormulaTV. Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ "'OT 2018' marca un estupendo 16,6% fronte a 'The Good Doctor' que lidera cun gran 16,9%". FormulaTV. Consultado o 26 de setembro de 2018.
- ↑ "'The Good Doctor', o máis visto do día (16,3% e 21,3%) fronte a 'OT 2018' que logra un 15,8%". FormulaTV. Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ "'OT 2018' sobe a un fantástico 17,0% nun axustado duelo frente a 'The Good Doctor' (17,1%)". FormulaTV. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ "'OT 2018' marca un 16,9% e 'El hormiguero' anota un 16% con Eva González, nova presentadora de 'La voz'". FormulaTV. Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ "'OT 2018' firma un gran 15,9% e 'The Good Doctor' estrea a súa segunda tempada anotando un fantástico 20,8%". FormulaTV. Consultado o 24 de outubro de 2018.
- ↑ "'OT 2018' baixa pero anota un gran 14,1% na súa Gala 6 coa expulsión de Damion". FormulaTV. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "'OT 2018' crece e álzase a un bo 15,3% fronte ao discreto regreso de 'La verdad' (12,7%)". FormulaTV. Consultado o 7 de novembro de 2018.
- ↑ "'OT 2018' se mantiene líder con un buen 15,3% y 'La verdad' (11,9%) vive un igualado duelo con Chicote (11,7%)". FormulaTV. Consultado o 14 de novembro de 2018.
- ↑ vertele.eldiario.es. "OT vuelve a la senda del 16%, su mejor cuota en 5 galas". Consultado o 22 de novembro de 2018.
- ↑ vertele.eldiario.es. "'OT 2018' marca un notable 16% frente a 'La verdad' (12,3%) y el estreno de 'Carretera y Manta' (7,7%)". FórmulaTV.
- ↑ vertele.eldiario.es. "'OT 2018' lidera con un estupendo 15,3% frente a 'La verdad' (10,1%) y 'Carretera y manta' (8,1%)". FórmulaTV.
- ↑ vertele.eldiario.es. "La semifinal de 'OT 2018' lidera con un 15,4% frente a la subida de 'La verdad' (11,8%)". FórmulaTV.
- ↑ vertele.eldiario.es. "'OT 2018' (19,4%) se alza a su segundo mejor dato en su final y 'La verdad' (11,7%) se mantiene". FórmulaTV.
- ↑ vertele.eldiario.es. "'La verdad' se despide con un mal 10,4% frente al 12,7% de 'Navidad con OT 2018'". FórmulaTV.
- ↑ vertele.eldiario.es. ""El Contable" (16,3%) lidera en Antena 3 frente a 'GH Dúo: El debate' y 'OT Eurovisión' se queda en un 11,6%". FórmulaTV.