Opinión
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
A palabra opinión ten diferentes significados e diversos usos segundo certos contextos:
- Opinión (filosofía): Grao de posesión da verdade respecto dun coñecemento que se afirma como verdadeiro sen ter garantía da súa validez. Contraponse á certeza como posesión plena da verdade que se afirma sen sombra de dúbida acerca da súa validez.
- Opinión (xornalismo): A opinión é un xénero periodístico que se caracteriza pola exposición e argumentación do pensamento dun personaxe ou medio de comunicación recoñecido acerca dun tema.
- Opinión (ética): Concepto valorativo que se ten respecto a alguén, xeralmente relativo á súa fama.
- Opinión: Estado de crenza común que ten unha colectividade respecto a determinado asunto. A súa validez lóxica como verdade non se fundamenta no grao de coñecemento, senón na participación como membro do grupo social. Véxase ideoloxía.
- Opinión pública: Estado de crenza que se atribúe a unha determinada sociedade no seu conxunto.
- Estado de opinión: Situación que se dá nunha colectividade ou grupo nun momento dado con respecto ao estudo ou tratamento dun argumento determinado.
- Opinion: Canción de Nirvana