Un oráculo (do latín Oraculum, derivado de ōrāre "falar") foi a palabra usada na época clásica para designar as revelacións dos deuses aos homes e o lugar onde estas revelacións eran feitas, e ademais a persoa que podía facer as predicións. De acordo coa mitoloxía grega, un oráculo é unha mensaxe divina transmitida e interpretada por un santuario. As deidades non aparecían persoalmente senón que se comunicaban a través dunha especie de médiums que eran diferentes segundo os lugares. O termo oráculo, xa que logo, aplicouse despois ao transmisor das predicións divinas.

"Consultando o oráculo" por John William Waterhouse, amosa oito sacertotisas nun templo de profecía.
Santuarios gregos, entre eles algúns oraculares.

Comparativamente Zeus, como pai do todos os seus, tiña poucos oráculos, pero segundo a crenza popular era a fonte de todos os oráculos, por medio doutros deuses como Apolo, ou de heroes divinizados.

A súa existencia hai que considerala como parte da necesidade dos homes de saber que lles ofrece o futuro e para facer as cousas conforme aos desexos dos deuses; os oráculos eran polo tanto unha revelación pero á vez unha sanción ou autorización da deidade a un feito concreto.

Os oráculos máis coñecidos eran os de Delfos, enviados pola pitonisa e interpretados polos sacerdotes de Apolo e o Oráculo de Dodona. Os oráculos relevantes foron:

Oráculos de Apolo

editar

Oráculos de Zeus

editar

Oráculos doutros deuses

editar

Os oráculos doutros deuses eran consultados en cuestións concretas da vida humana ou do mundo no que estaban.

Oráculos dos heroes

editar

Oráculos dos mortos

editar

Eran os oráculos nos que se pedía a presenza dos espíritos dos mortos e se ofrecían sacrificios aos deuses do inframundo. Un dos máis coñecidos foi o dos thesprotis preto do lago Aornos; outro estaba na Heraclea Póntica.

Oráculos de Italia

editar

Os oráculos polos cales un deus revelaba a súa vontade a través da boca dunha persoa non existían en Italia, salvo algunhas excepcións na Magna Grecia. Os romanos descubrían a vontade dos deuses polos libros sibilinos, os augures, os arúspices, e os signos do ceo. Os únicos oráculos italianos coñecidos son:

Oráculos doutros pobos

editar
  • Oráculo exipcio: os máis importantes foron os de Heliópole e Abidos. As consultas facíanse mediante unha persoa que traía escritas as preguntas e as depositaba no santuario e así recibía as respostas. Tamén era moi importante o oráculo do deus Amón-Ra, no oasis de Siwa, no deserto de Libia . En -331, Alexandre Magno fixo unha peregrinación ao gran templo.
  • Oráculo hebreo: o nome con que se coñece o oráculo na Tora hebrea é Goral (plural: Goralot). Existen diferentes Goralot entre os hebreos, un deles foi o Urim e os Thummin a través do sumo sacerdote, Gadol HaKohen. O oráculo do Peitoral de 13 Pedras Preciosas, chámase na tradición cabalística, que este lucía luces e facía sons ao dar unha resposta. Existe na actualidade o Goral Ahitofel, este consta de 117 casiñas que correspondían a 117 anxos que falaban a través deste oráculo hebreo, este emprega unha serie de invocacións a Deus e aos seus anxos, para pedir unha resposta. Tamén se ten que ter en conta o famoso oráculo de Isaías, 7, 14. No Antigo Testamento fálase de oráculo para designar a parte do santuario onde Xehová lle falaba a Moisés e ao sumo sacerdote, como no Éxodo cap. 25 e 30 en que se chama: "a voz do Señor deixábase escoitar por encima da arca".
  • Oráculo de Fenicia: asociados coas deidades Baalzebub e Baalim.

Extensión

editar

Por extensión, en matemáticas, filosofía e informática, un oráculo é calquera ente que xera verdades sobre un mundo real ou imaxinario, ou que pode responder cuestións correctamente. Nalgunhas teorías de aprendizaxe, a realidade considérase un oráculo.

  NODES
todo 3