Orville Wright
Orville Wright, nado en Dayton (Ohio) o 19 de agosto de 1871 e finado en 1948, foi un inventor norteamericano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1871 Dayton, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 30 de xaneiro de 1948 (76 anos) Dayton, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | morte natural |
Actividade | |
Ocupación | inventor, aviador, empresario, científico |
Membro de | |
Compañeiro profesional | Wilbur Wright (pt) : Irmáns Wright |
Familia | |
Pais | Milton Wright e Susan Catherine Koerner Wright |
Irmáns | Wilbur Wright Katharine Wright |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarCo seu irmán Wilbur fundou unha fábrica de bicicletas en 1892.
Os Wright interesáronse nunhas ideas sobre voo de maquetas e a partir dese momento, non deixaron de traballar para levar ao home en voo polos aires. Para a realización dos seus estudos sobre o voo, desenvolveu o primeiro túnel aerodinámico en 1901 e en 1902, introduciu o empenaxe vertical con temón móbil nos avións como sistema de estabilidade que practicamente eliminaba o perigo de barrenas.
Os irmáns Wright realizaron varios modelos e maquetas antes de iniciar a construción dun prototipo. Moitas destas maquetas voaron por si soas nun voo planeado, o que impulsou os Wright a seguir co seu proxecto. Non foron poucas as dificultades, moitas veces os mandos tiveron que ser adecuados para poder controlar o planeo. Un dos maiores problemas consistiu na inclinación cara a un lado ou a falla de control horizontal. Os irmáns Wrigth solucionaron estes problemas enxeñosamente.
O 17 de decembro de 1903, en Kitty Hawk, Orville Wright realizou o que se considera o primeiro voo dun avión tripulado e semipropulsado con éxito, que durou 12 segundos. O aparato chamábase Flyer I.[1]
O voo fíxose en segredo e sen testemuñas, para evitar o plaxio do seu novo invento, existindo como única proba a palabra de Orville e do seu irmán. Os Wright eran moi celosos do seu invento e non desexaban dar moitas evidencias do seu aparato, de feito as fotos tiráronse sempre desde certa distancia, para impedir revelar os detalles.
O Flyer I non era capaz de voar por si mesmo, xa que requiría a axuda dunha catapulta externa activada por un peso que o lanzaba ao aire, simulando un voo para poder así probar o funcionamento dos mandos do avión.
O 9 de setembro de 1908, en Fort Meyer (Virxinia), estableceu novas marcas cando o primeiro avión Wright voou durante 62 minutos completando 57 círculos a unha altura de 36,6 m.
Este voo converteu a Orville nunha celebridade internacional. Iniciou unha época de incesante actividade: á fronte do seu equipo de pilotos de exhibición, comprobaba todas as pezas novas do material utilizado nos avións Wright e supervisaba a produción das fábricas Wright. O exército comprou a idea dos Wright, así a todo, a aviación tardaría aínda en desenvolverse.
En 1908, os Wrigth ademais levaron o aparato a Francia onde realizaron unha exitosa exhibición ante un público perplexo que estaba acostumado a ver artefactos planando durante un chisco e colisións en terra. Deste modo arrebataron a Alberto Santos-Dumont a supremacía do aire.
Logo da morte de Wilbur en 1912, Orville foi o presidente da Compañía Americana Wright. Tres anos despois vendeu as súas accións. Logo traballou como enxeñeiro na mesma compañía. Morreu o 30 de xaneiro de 1948 en Dayton.
Notas
editar- ↑ "Telegram from Orville Wright in Kitty Hawk, North Carolina, to His Father Announcing Four Successful Flights, 1903 December 17". World Digital Library. 1903-12-17. Consultado o 2013-07-22.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Irmáns Wright |