Os Ánxeles, Brión

parroquia civil do concello de Brión

Santa María dos Ánxeles é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión, na comarca de Santiago. Está situada na zona baixa do concello, no Val da Amaía, á beira do río Sar. A súa extensión é de 7,5 km² e conta cunha poboación de 3.300 habitantes (1.588 homes e 1.712 mulleres) distribuídos en 21 lugares e aldeas (ano 2018), o que supón un aumento respecto ó ano 2004, cando tiña 2.093 habitantes (1.071 mulleres e 1.022 homes).

Os Ánxeles
Igrexa de Santa María dos Ánxeles.
ConcelloBrión[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°51′00″N 8°40′33″O / 42.8499, -8.6758
Área7,5 km²
Poboación3.300 hab. (2018)
Densidade440 hab./km²
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

Demografía

editar

Dende os anos 1990 en adiante o concello de Brión incrementou de xeito notable a súa poboación, polo feito da súa privilexiada situación e a mellora das comunicacións por estrada. A parroquia dos Ánxeles, dentro deste fenómeno demográfico, é a que máis poboación atrae. En poucos anos pasou dos 1.621 habitantes de 1999, ós 2.093 do ano 2004, e ós 2.562 habitantes do 2007.

Historia

editar

Antigamente a parroquia coñecíase por Santa María de Perros. A mediados do século XVI, na época de inicio da intromisión do castelán en Galicia, o arcebispo de Compostela Francisco Blanco Salcedo mandou mudar o nome para o actual[2].

Xa existen referencias á parroquia en documentos medievais, e sábese que a a principios do século XVII se contabilizaban 83 lumes (casas habitadas) e no censo de 1826 a poboación era xa de 730 persoas.

A igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles é de estilo barroco, construída entre 1748 e 1789.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares dos Ánxeles

editar
Lugares da parroquia dos Ánxeles no concello de Brión (A Coruña)

Adoufe | Alqueidón | Os Ánxeles | Buio | Cabanas | O Cabo | Estrar | Gontade | Gosende | Guisande | Guitiande | Gundín | Lago | O Outeiro | Perros | Piñeiro | O Rial | Sanín | Soigrexa | Souto | O Tremo | Vilanova

Parroquias de Brión

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 2
iOS 1
mac 1
os 44
todo 1
web 1