Os insectos na cultura popular galega
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
En Galicia crese que as avelaíñas son as almas dos nosos devanceiros que toman esta forma -dun xeito circunstancial e momentáneo, segundo Risco [1].- para aparecerse ante os mortais. Crese que as de alas brancas son almas redimidas que veñen agradecer as oracións ou esmolas por elas ofrecidas, mentres que as avelaíñas de alas negras son almas que aínda están no purgatorio e veñen implorar máis oracións.
Tamén está estendida a crenza de que as primeiras veñen traer boas noticias ou a próxima chegada dunha carta dalgún familiar ausente con novidades agradables. As segundas, polo contrario, considéranse de mal agoiro. En calquera caso, Eladio Rodríguez asegura que os campesiños galegos nunca maltratarán unha avelaíña, por temor ou respecto ós seus poderes [2].
- Cantigueiro
- Miña nai, do meu amor/ hoxe ou mañá terei carta/ que vin unha bolboreta/ na miña roca pousada [3].
- Locucións
- Ser coma/parecer o escaravello da bosta: ser unha persoa desagradable ou fea [4].
- Cantigueiro
- Miña comadre Pelonia,/ veño a que me preste un pan./ Meu compadre escaravello,/ ¿logo que fixo no vran?.
- O chasco e mais o carrizo/ e mais o escaravello/ anduveron ôs moquetes/ no medio do aparello [5].
- Léxico
- Cera das formigas: zume que deitan cerdeiras, ameixeiras ou pexegueiros no tronco; tamén recibe o nome popular de mel de cuco [6].
- Pito formigueiro: peto carpinteiro [7].
- Refraneiro
- A formiga foi mexar ó mar e dixo que era unha axuda [8].
- A formiga tamén quer a sua compañía.
- Cada formiga ten a sua irra [9].
- Cando a formiga se quer perder, aas novas lle queren nacer.
- Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro.
- Dá Dios aas á formiga pra que morra máis axiña.
- Cantigueiro
- Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno [10].
- Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! [11].
- Miña comadre formiga,/ meu compadre sandediós,/ temos os santos na casa/ encomendarnos a Dios [12].
- Anda tu, pernas de grilo,/ pantorrillas de carneiro;/ pra contestares conmigo/ busca fianza pirmeiro [13].
- Chamáchesme trangalleira, fouciño de porco chino,/ pernas de grilo retortas,/ anda conmigo con tino [14].
- Eu vin, eu vin/ na casa da miña avó/ un grilo miudiño/ xogar ó dominó [15].
- Vai de eí, pernas de grilo,/ pantorrillas de carneiro;/ se queres falar conmigo/ busca fianza pirmeiro [16].
- Galo merendeiro, galo monteiro: libélula [17].
- Refraneiro
- Se te morde un lavacú, busca táboas pra o teu ataú.[18]
- Refraneiro
- A quen se fai de mel, cómeno as moscas.
- As moscas no verau comen o mel e comen o gando.
- Con mel cóllense as moscas [19].
- Facédevos mel, e comeranvos as moscas [19].
- Máis moscas se pillan con mel ca con fel.
- Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre [19].
- Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
- Moscas comen o mel i o gando.
- O día de san Sebastián ceiba as moscas Satanás.
- Ó que se fai mel cómeno as moscas.
- Ó que se volve mel, cómeno as moscas [19].
- Quen se fai de mel, cómeno as moscas [19].
- San Fernando, pulgas á xente e moscas ó gando [20].
- San Sebastián, vinte de xaneiro, cando ceiba a mosca do demo.
- San Simón, se me pillas unha mosca, douche un millón.
- Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano [21].
- Cantigueiro
- Artigo principal: O piollo na cultura popular galega.
- Cando a semana está de piollos, no val mudar a camisa [24].
- Cando o ano é de piollos, non vale mudar camisa.
- Cando se pon a pardela a espiollar non tarda un día o vendaval.
- Díxolle o peite ó tiñoso: tírate alá, piolloso.
- Refraneiro
- Día de santa Lucía, o salto dunha pulga ó día [25].
- No mes de san Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ó can.
- Ó can fraco todo se lle volven pulgas [26].
- O que se deita con cás, érguese con pulgas [26].
- San Fernando, pulgas á xente e moscas ó gando [20]
- Cantigueiro
- Ao subir as escaleiras/ unha pulga me picou,/ collina polas orellas,/ que man de piñas levou [27].
- As tellas do teu tellado/ botan auga sen chover;/ as pulgas da túa cama/ xa me poden coñecer [28].
- Caséime cunha señora/ coidando que tiña don:/ tiña piollos da libra/ e pulgas da cuarterón.
- Creste que eres moi rica/ porque teñas catro vacas/ e ti o que tes son pulgas,/ unhas gordas i outras flacas [29].
- Estando na miña cama/ deitado co meu rapaz/ unha pulga deulle un couce/ e tirouno tras do arcaz [30].
- Na camisa teño pulgas/ no xibón teño piollos,/ ¡e téñenme moita invidia!/ ¡inda lles caian os ollos!
- O curazón dunha pulga/ quen o soubera guisar!/ daba xantar e merenda/ e cea para cear [31].
- O piollo e maila pulga/ andan no monte a rozar;/ alá vai o carrapato/ derreado co xantar [32].
- O piollo e maila pulga/ andan no monte a rozar;/ alá vai o carrapato/ derreado co xantar.
- O piollo estaba malo,/ a pulga estaba parida;/ o ladrón do escarrapacho/ tiña a espenilla caída.
Sinonimia: avelaira, avelairiña, boíña, buíña, cascarrubia, costureiriña, cuco-rei, maruxiña, mosca de deus, papasol, papasolín, penoniña, polboretiña de deus, rei, rei-rei, rinchín, xoana, xoano, xuaniña, xuano [37].
As mozas que queren casar colocan este insecto na palma da man e recitan estes versos: "Cuco-rei, cuco-rei, ¿por onde amores terei?". Cando a xoaniña levante o vo, a dirección que colla indica de onde virá o noivo desexado. Cunha fórmula semellante, os rapaces pregúntanlle cantos anos vivirán: "Cuco-rei, cuco-rei, ¿cántos anos vivirei?"; e tantos números como lles dea tempo a contar antes de que alce o vo, tantos anos se supón que vivirán [38].
Notas
editar- ↑ Vicente Risco, 419. Risco lembra que xa os gregos consideraban que a alma saía do corpo en forma de bolboreta.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. avelaíña.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 99. No orixinal: volvoreta. Cantiga baseada na crenza de que as bolboretas son mensaxeiras dos ausentes (e dos defuntos).
- ↑ Cerviño Ferrín.
- ↑ Fermín Bouza Brey, 162.
- ↑ Aníbal Otero, s. v. cera.
- ↑ Eligio Rivas Quintas 2001, s. v. pito.
- ↑ Clodio González Pérez, 141.
- ↑ Irra é variante local de ira, cólera.
- ↑ Eligio Rivas Quintas 1978.
- ↑ Refírese a Santa Baia de Ribadumia e San Martiño de Meis, parroquias estremeiras. Fermín Bouza-Brey, 172.
- ↑ Fermín Bouza-Brey, 162.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 39.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 62.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 84. No orixinal: abó.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 160. No orixinal: ehí.
- ↑ Rivas Quintas 2001, s. v. galo.
- ↑ Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda: Dicionario dos seres míticos galegos, Xerais 2004 (4ª ed), s. v. lavacú.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Eladio Rodríguez González, s. v. mel.
- ↑ 20,0 20,1 San Fernando, 30 de maio.
- ↑ San Fernando, 30 de maio; San Cibrao, 16 de setembro.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 66.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 163. O pondón, ou pendón, é a flor masculina do millo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. semana.
- ↑ En Santa Lucía, 13 de decembro, comezan a medrar os días, aínda que moi lentamente.
- ↑ 26,0 26,1 Eladio Rodríguez González, s. v. can.
- ↑ Álvaro das Casas, 216. No orixinal: pol-as.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 50.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 65. No orixinal: créste, tí.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 77.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de unha.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 122.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 154). Xaquín Lorenzo supón que se trata dunha cantiga importada.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 161.
- ↑ Leandro Carré Alvarellos, Xosé Luís Franco Grande, Constantino García González, Elixio Rivas Quintas, Eladio Rodríguez González.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.
- ↑ Elixio Rivas Quintas 1978, s. v. papasolín.
- ↑ 40,0 40,1 40,2 Elixio Rivas Quintas 1978, s. v. xoaniña.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
- GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.