Osmo, Cenlle
San Miguel de Osmo é unha parroquia do concello de Cenlle, que limita ao norte con Anllo, ao leste con Beariz, ao sur con Navío e ao oeste con San Clodio. Segundo o IGE en 2013 tiña 53 habitantes (23 mulleres e 30 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes. O curato é de primeiro ascenso e padroado laical do Conde de Ribadavia.
Osmo | |
---|---|
Cruceiro de Osmo. | |
Concello | Cenlle[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°21′49″N 8°06′03″O / 42.3635885, -8.1008531 |
Poboación | 53 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarFermoso lugar pola súa situación, na ladeira do monte Barazal que lle concede privilexiadas vistas do val do Avia sementado de verdes carballos, castiñeiros, amieiros...
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Miguel de Osmo é de fábrica orixinal románica con pinturas manieristas no seu interior.
Hai tres ermidas de propiedade particular e outras tantas dos veciños. Nesta parroquia atopamos boas casas señoriais como o Pazo de Rioboó ou a Casa dos Toubes.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Osmo, Cenlle.
-
Fachada da igrexa.
-
Detalle da fachada principal da igrexa.
-
Capela da Virxe do Socorro.
-
As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
-
Pena Corneira dende Osmo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Osmo
editarLugares da parroquia de Osmo no concello de Cenlle | |
---|---|
Aquelcabo | O Balcón | A Carreira | O Casar | O Couso | Osmo | Piñeiro | Rego de Abaixo | Rego de Cima | Riobó | A Sobreira |
Parroquias de Cenlle
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Geografía General del Reino de Galicia, Tomo XI. Vicente Risco. Ediciones Gallegas, S.A. (1980).
- Historia de Ribadavia. Samuel Eiján. Editorial Alvarellos. (1920). Edición Facsímile. (1981).