Ovipositor

estrutura anatómica para depositar os ovos

O ovipositor,[1][2] tamén chamado oviscapto,[1][2] ou ovopositor,[2] é un órgano usado polas femias de moitos insectos para depositaren os ovos.[2]

Ovipositor dun saltón.

Estrutura e funcións

editar

Os ovopositores son apéndices cuticulares dos gonópodos, dos segmentos 8 e 9 do abdome, que teñen a función de facilitar o asentamento dos ovos nun lugar adecuado (enterrramento, inclusión nun tecido vexetal ou animal), e a súa protección durante a posta.[2]

Derivan, nalgúns grupos (opilións, ácaros, insectos rafidiópteros), da modificación das estruturas anexas ao poro xenital feminino, consitindo noutros (lepidópteros, dípteros coleópteros cerambícidos) nun abdome de forma tubular (oviscapto propiamente dito) e, finalmente, noutros (a maioría dos insectos) nun aparello multiarticulado.[2]

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 ovipositor no Dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Garrido, C. (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. Alemám, Inglês, Espanhol, Galego-Português. A Coruña: AGAL. ISBN 84-8730-512-1, pp.245-246.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
todo 1