O ozono é un gas de composición molecular (O3), que se forma cando as moléculas de osíxeno (O2), rachan debido á radiación ultravioleta e os átomos separados combínanse individualmente con outras moléculas de osíxeno.

O3

Ozonosfera

editar

A capa de ozono sitúase entre 16 a 30 quilómetros de altitude, nesta rexión a capa é tan rara que, se fose comprimida á presión atmosférica ao nivel do mar, a súa espesura non superaría os tres milímetros. Esta capa ten a propiedade de absorber a radiación ultravioleta do Sol, por este motivo, sen a protección do ozono, as radiacións causan graves danos aos organismos vivos que habitan a superficie do planeta Terra.

O que é ozono

editar

O ozono (O3), é unha variedade alotrópica do elemento osíxeno (O), que ao invés de dous átomos contén tres. A súa coloración é azul pálida. Este gas, é extremamente oxidante e reactivo, a súa ocorrencia natural é en pequenas cantidades na estratosfera.

Produción, licuefacción, solidificación e descomposición

editar

Para producir ozono artificialmente, o proceso dáse coa pasaxe dun arco voltaico de alta tensión a través dunha corrente de osíxeno ou ar seco. A composición química do ozono foi establecida en 1872. Naquela época descobriuse que é cincuenta por cento máis denso có osíxeno. O gas licúase á temperatura de -112 °C, o seu conxelamento dáse a -251,4 °C e a súa decomposición ocorre por riba dos 100 °C, ou en temperatura ambiente cando se usan catalizadoeres. Licuefeito, a súa coloración é azul-escura.

Existen varios métodos para a obtención do Ozono industrial, un destes, é a licuefacción, onde utilízase unha mestura de osíxeno-ozono. No proceso, esta sepárase en dúas capas, das cales a máis densa contén preto de 75% de ozono. Debido á súa extrema inestabilidade e reactividade, os procesos de produción son extremamente delicados e traballosos.

Utilización comercial

editar

Na industria, o ozono é utilizado en mesturas con outros gases debido á súa poderosa capacidade como axente oxidante, sobre todo na transformación de alcenos en aldeídos, cetonas ou ácidos carboxílicos. Tamén é un poderoso xermicida, empregado na esterilización de auga potábel e na remoción de sabores e odores indesexabeis. Tamén serve como axente branqueador para compostos orgánicos.

Ocorrencia na atmosfera

editar

Sábese que na atmosfera, a maior ocorrencia de ozono natural se dá entre trinta e cincuenta quilómetros de altitude[Cómpre referencia]. No fin do século XX foron constatadas formacións e ampliacións de furados na capa de ozono, principalmente sobre o Polo Sur. Acredítase que gran parte do aumento do furado da capa de ozono, se dá polo uso desenfreado de produtos á base clorofluorcarbonos (CFCs) e hidrocarbonetos alifáticos haloxenados (halons), que liberan gases destrutores do ozono.

Tamén existen menores concentracións de ozono na troposfera (ozono troposférico), onde actúa como contaminante que contribúe á formación de smog.[1]

  1. "Tropospheric ozone | Climate & Clean Air Coalition". ccacoalition.org (en inglés). Consultado o 2018-11-12. 

Véxase tamén

editar
  NODES
Done 1
Todos 1