Glicodelina

(Redirección desde «PAEP»)

A glicodelina (GD), tamén chamada proteína placentaria humana-14 (PP-14), proteína endometrial asociada ao proxestáxeno (PAEP) ou globulina alfa-2 endometrial asociada ao embarazo, é unha glicoproteína que inhibe as funcións inmunitarias da célula e xoga un papel esencial no proceso de embarazo. Nos humanos está codificada no xene PAEP do cromosoma 9.[1][2]

PAEP
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 9 q34.3
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
5047 n/a
Ensembl
Véxase HS n/a
UniProt
P09466 n/a
RefSeq
(ARNm)
NM_001018049 n/a
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001018058 n/a
Localización (UCSC)
Cr. 9:
135.56 – 135.57 Mb
n/a
PubMed (Busca)
5047


O endometrio das mulleres sintetiza varias proteínas baixo a influencia da proxesterona. Entre estas proteínas, a glicodelina ten especial interese. Sintetízana as glándulas endometriais na fase lútea do ciclo menstrual.[3]

A expresión temporal e espacial da glicodelina no tracto reprodutivo da muller combinada coas súas actividades biolóxicas suxire que esta glicoproteína probablemente exerce un papel fisiolóxico esencial na regulación da fecundación, implantación e embarazo.[4][5]

Estrutura

editar
 
Secuencia dos 22 aminoácidos N-terminais da glicodelina.

A glicodelina (GD) está codificada para ter en total 180 aminoácidos, pero crese que 18 deles son dun posible péptido sinal. O peso molecular da GD é 20.555, mentres que a súa forma madura ten 18.787. Está codificada por un ARNm dun quilopar de bases que se expresa no endometrio secretor humano e na decidua (pero non no endometrio postmenopáusico), placenta, fígado, riles e glándulas adrenais. Os catro residuos cisteinil (posicións 66, 106, 119 e 160) responsables da formación de pontes disulfuro en lactoglobulinas están todos conservados na GD. As análises de Southern blot do ADN humano suxeriron que as secuencias do xene da GD abranguen 20 quilopares de bases.[6]

Secuencia de aminoácidos N-terminal

editar
 
Estrutura do xene PAEP

A secuencia de aminoácidos N-terminal da glicodelina é M D I P Q T K Q D L E L P K L A G T W H S M. Esta secuencia pode compararse coas da beta-lactoglobulina do cabalo, ovella, cabra, vaca e bisonte. Por exemplo, hai 13 identidades dun total de 22 posibles correspondencias coa beta-lactoglobulina de cabalo.

Xene PAEP

editar

Este xene é un membro do núcleo da superfamilia da lipocalina, cuxos membros comparten unha semellanza de secuencias relativamente baixa, pero teñen unha estrutura altamente conservada exón-intrón e do pregamento tridimensional da proteína. O xene PAEP , que codifica a proteína glicodelina, atópase no brazo longo do cromosoma 9. Exprésase principalmente en 60 órganos ou tecidos, pero ten o seu maior nivel de expresión na decidua.[7][8]

Función

editar

A GD é a proteína máis importante segregada polo endometrio durante a fase lútea media do ciclo menstrual e durante o primeiro semestre de embarazo. Atópanse catro formas distintas desta glicoproteína con idénticos esqueletos proteicos pero con diferentes perfís de glicosilación no líquido amniótico, líquido folicular e plasma seminal do sistema reprodutor. Estas glicoproteínas teñen papeis distintos e esenciais na regulación do ambiente uterino para que sexa axeitado para o embarazo e na sincronización e aparición doa secuencia apropiada de acontecementos no proceso de fecundación.

Glicodelina-A

editar

No tracto xenital feminino exprésase principalmente en células epiteliais endometriais e segrégase ao líquido amniótico, endometrio/decidua e soro materno, e obtívose o seu ARNm de células epiteliais endometriais cultivadas (EECc). A glicodelina-A ten funcións contraceptivas e inmunosupresoras, debido a que suprime as células asasinas naturais, conseguindo así a prevención do rexeitamento materno do feto na interface maternofetal. Ten un peso molecular de 18,78 KDa determinado a partir da súa secuencia de ADNc.[9][10][11]

Glicodelina-S

editar

Segrégase nas vesículas seminais ao líquido seminal. Observáronse varias variantes de transcritos de empalme alternativo procedentes do seu locus, pero determinouse só a lonxitude completa de dúas, aque codificaban ambas a mesma proteína. Durante o paso do esperma polo colo uterino, a glicodelina S é desglicosilada, disóciase do espermatozoide e intervén na maduración do espermatozoide.[12][13]

Glicodelina-F

editar

Segrégana as células granulosas ao líquido folicular. A glicodelina-F reduce a unión dos espermatozoides á zona pelúcida, exprésase principalmente no ovario, sintetizada polas células granulosas e ten unha función en principio similar á da glicodelina-A. Tamén se une á cabeza do espermatozoide, inhibindo así a reacción acrosómica e a unión espermatozoide-óvulo. Despois da súa desglicosilación, a glicodelina F disóciase do espermatozoide e a unión espermatzoide-óvulo é así posible. A desglicosilación ten lugar durante o paso do espermatozoide pola capa de células da coroa. A glicodelina-F é, polo tanto, importante para impedir unha reacción acrosómica prematura.[14][15]

Glicodelina-C

editar

Atópase no cúmulo oóforo, estimula a unión do espermatozoide á zona pelúcida. En primeiro lugar, as células do cúmulo reducen a actividade inhibitoria da unión espermatozoide-zona do líquido folicular probablemente ao captar e transformar a glicodelina-A e glicodelina-F en glicodelina-C. En segundo lugar, os espermatozoides mostran un aumento da súa capacidade de unirse á zona pelúcida despois de penetrar no cúmulo oóforo. A glicodelina-C é responsable disto último.[16][17]

GLICOFORMA FONTE GLICOSILACIÓN FUNCIÖNS REPRODUTORAS
GdA Líquido amniótico, decidua do embarazo Alta sialilación, máis fucosilación Inmunoprotección para a implantación e placentación, antifecundación, inhibición da unión espermatozoide-zona pelúcida
GdS Plasma seminal, vesículas seminais Glicanos non sialilados, ricos en fucosa e manosa Impide a capacitación prematura
GdF Folículos ováricos, oviduto Fucosilación de Lewis-x e Lewis-y, máis N-acetilglicosamina Inhibición da unión espermatozoide-zona pelúcida, impedindo unha reacción acrosómica prematura
GdC Cúmulo oóforo, convertida a partir de GdA e GdF Reaccionar con aglutininas específicas á maneira da unión da lectina Estimulación da unión espermatozoide-zona pelúcida

[18]

Concentracións

editar

A glicodelina ou PP-14 atópase en ovocitos e espermatozoides. Nos homes a concentración desta proteína no plasma seminal é maior que no soro sanguíneo. Nas mulleres preñadas, os seus niveis no líquido folicular exceden os de mulleres non preñadas.[19]

Plasma seminal:

A glicodelina ou PP-14 é unha proteína significativa que aparece na maioría das mostras de plasma seminal de homes; ás veces supoñendo o 2,5% do contido proteico total. A concentración de PP-14 no plasma seminal de homes con oligospermia está no rango de referencia desta proteína derivado dos valores medidos en homes normais. Porén, nos homes vasectomizados as concentacións son menores das normais.[20]

Tecidos e fluídos corporais de mulleres: No soro sanguíneo de mulleres non preñadas a concentración de glicodelina (PP-14) é de aproximadamente 15-40 µg/L.

No embarazo normal:

Localización (tecidos e fluídos corporais) Concentracións aproximadas de glicodelina (PP-14) Tempo
Soro Ata 2200 µg/L (a máxima) 6–12 semanas
--- Concentracións decrecentes despois de 16 semanas
--- 200 µg/L aproximadamente 24 semanas (en meseta)
Líquido amniótico 232 mg/L (a máxima) (maior que no soro materno ao longo do embarazo) 12–20 semanas
Sangue do cordón umbilical 15-22 µg ou indetectable ------------
Decidua do inicio do embarazo 41–160 mg/g de proteína total ------------
Decidua do final do embarazo 60-2700 µg/g de proteína total ------------
Amnio e corion liso De 50 a 750 µg/g de proteína ------------
De 50 a 1000 µg/g de proteína ------------
Placenta do inicio do embarazo 0,25–15 mg/g ------------
Placenta do final do embarazo 3-430 µg/g de proteína ------------

As concentracións de glicodelina (PP-14) no soro no embarazo son comparables ás da hCG (gondotropina coriónica humana). Entre todas as proteínas placentarias, a concentración de PP-14 no líquido amniótico é a máis espectacular, xa que a decidua é unha fonte desta proteína.[21]

Aplicacións clínicas futuras

editar

A proteína placentaria-14 (glicodelina) ten algunhas aplicacións clínicas:

1. Biomarcador da rotura prematura das membranas

A rotura prematura das membranas é unha complicación do embarazo común, tendo en conta que o método biomarcador actual non satisfai á comunidade médica, algúns investigadores elaboraron un novo método: a análise da proteína placentaria no plasma materno e no líquido vaxinal. Os resultados destes estudos mostraron que as concentracións de PP-14 se incrementaban en caso de rotura prematura de membranas. Polo tanto, este estudo conclúe que a PP-14 é un excelente biomarcador cunha sensibilidade do 100 % e unha especificidade do 87,5 %.[22]

2. Biomarcador en procesos de fecundación in vitro

A PP-14 é un gran marcador para predicir o resultado na fecundación in vitro con transferencia de embrións. Algúns estudos mostraaron que a concentración do soro da PP-14 incrementábase moito despois dun ciclo de transferencia de embrións, e concluíron que a PP-14 podería ser un excelente marcador para predicir a receptividade endometrial.[23]

  1. "PAEP - Glycodelin precursor - Homo sapiens (Human) - PAEP gene & protein". www.uniprot.org (en inglés). 
  2. Wang, Ping; Libho, Zhu; Xinmei, Zhang (decembro de 2013). "The role of Placental Protein 14 in the Pathogenesis of Endometrosis". Reproductive Sciences 20 (12): 1465–1470. ISSN 0077-8923. PMC 3817670. PMID 23670949. doi:10.1177/1933719113488452. 
  3. SEPPÄLÄ, MARKKU; JULKUNEN, MERVI; KOSKIMIES, AARNE; LAATIKAINEN, TIMO; STENMAN, ULF–HÅKAN; HUHTALA, MARJA-LIISA (outubro de 1988). "Proteins of the Human Endometrium". Annals of the New York Academy of Sciences 541 (1): 432–444. Bibcode:1988NYASA.541..432S. ISSN 0077-8923. PMID 3195927. doi:10.1111/j.1749-6632.1988.tb22280.x. 
  4. Dutta, Binita; Mukhopadhyay, Debaditya; Roy, Nita; Das, Goutam; Karande, Anjali A. (decembro de 1998). "Cloning, Expression, Purification, and Immunocharacterization of Placental Protein-14". Protein Expression and Purification 14 (3): 327–334. ISSN 1046-5928. PMID 9882566. doi:10.1006/prep.1998.0961. 
  5. Julkunen, M.; Seppala, M.; Janne, O. A. (1988-12-01). "Complete amino acid sequence of human placental protein 14: a progesterone-regulated uterine protein homologous to beta-lactoglobulins". Proceedings of the National Academy of Sciences 85 (23): 8845–8849. Bibcode:1988PNAS...85.8845J. ISSN 0027-8424. PMC 282603. PMID 3194393. doi:10.1073/pnas.85.23.8845. 
  6. Julkunen, M.; Seppala, M.; Janne, O. A. (1988-12-01). "Complete amino acid sequence of human placental protein 14: a progesterone-regulated uterine protein homologous to beta-lactoglobulins". Proceedings of the National Academy of Sciences 85 (23): 8845–8849. Bibcode:1988PNAS...85.8845J. ISSN 0027-8424. PMC 282603. PMID 3194393. doi:10.1073/pnas.85.23.8845. 
  7. "PAEP progestagen associated endometrial protein [Homo sapiens (human)] - Gene - NCBI". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2019-10-13. 
  8. "PAEP - Glycodelin precursor - Homo sapiens (Human) - PAEP gene & protein". www.uniprot.org. Consultado o 2019-10-23. 
  9. JULKUNEN, MERVI; KOISTINEN, RIITTA; SJÖBERG, JARI; RUTANEN, EEVA-MARJA; WAHLSTRÖM, TORSTEN; SEPPÄLÄ, MARKKU (maio de 1986). "Secretory Endometrium Synthesizes Placental Protein 14*". Endocrinology 118 (5): 1782–1786. ISSN 0013-7227. PMID 3516653. doi:10.1210/endo-118-5-1782. 
  10. Kao, L. C.; Tulac, S.; Lobo, S.; Imani, B.; Yang, J. P.; Germeyer, A.; Osteen, K.; Taylor, R. N.; Lessey, B. A.; Giudice, L. C. (xuño de 2002). "Global Gene Profiling in Human Endometrium during the Window of Implantation". Endocrinology 143 (6): 2119–2138. ISSN 0013-7227. PMID 12021176. doi:10.1210/endo.143.6.8885. 
  11. Alok, Anshula; Mukhopadhyay, Debaditya; Karande, Anjali A. (maio de 2009). "Glycodelin A, an immunomodulatory protein in the endometrium, inhibits proliferation and induces apoptosis in monocytic cells". The International Journal of Biochemistry & Cell Biology 41 (5): 1138–1147. ISSN 1357-2725. PMID 18996219. doi:10.1016/j.biocel.2008.10.009. 
  12. Mandelin, Erik; Koistinen, Hannu; Koistinen, Riitta; Arola, Johanna; Affandi, Biran; Seppälä, Markku (setembro de 2001). "Endometrial expression of glycodelin in women with levonorgestrel-releasing subdermal implants". Fertility and Sterility 76 (3): 474–478. ISSN 0015-0282. PMID 11532467. doi:10.1016/s0015-0282(01)01969-0. 
  13. Koistinen, Hannu; Koistinen, Riitta; Dell, Anne; Morris, Howard R.; Easton, Richard L.; Patankar, Manish S.; Oehninger, Sergio; Clark, Gary F.; Seppälä, Markku (1996). "Glycodelin from seminal plasma is a differentially glycosylated form of contraceptive glycodelin-A". Molecular Human Reproduction 2 (10): 759–765. ISSN 1360-9947. PMID 9239694. doi:10.1093/molehr/2.10.759. 
  14. Chiu, Philip C. N.; Chung, Man-Kin; Koistinen, Riitta; Koistinen, Hannu; Seppala, Markku; Ho, Pak-Chung; Ng, Ernest H. Y.; Lee, Kai-Fai; Yeung, William S. B. (2006-12-27). "Cumulus Oophorus-associated Glycodelin-C Displaces Sperm-bound Glycodelin-A and -F and Stimulates Spermatozoa-Zona Pellucida Binding". Journal of Biological Chemistry 282 (8): 5378–5388. ISSN 0021-9258. PMID 17192260. doi:10.1074/jbc.m607482200. 
  15. Kölbl, Alexandra C.; Andergassen, Ulrich; Jeschke, Udo (2015-10-13). "The Role of Glycosylation in Breast Cancer Metastasis and Cancer Control". Frontiers in Oncology 5: 219. ISSN 2234-943X. PMC 4602128. PMID 26528431. doi:10.3389/fonc.2015.00219. 
  16. Chiu, Philip C. N.; Chung, Man-Kin; Koistinen, Riitta; Koistinen, Hannu; Seppala, Markku; Ho, Pak-Chung; Ng, Ernest H. Y.; Lee, Kai-Fai; Yeung, William S. B. (2006-12-27). "Cumulus Oophorus-associated Glycodelin-C Displaces Sperm-bound Glycodelin-A and -F and Stimulates Spermatozoa-Zona Pellucida Binding". Journal of Biological Chemistry 282 (8): 5378–5388. ISSN 0021-9258. PMID 17192260. doi:10.1074/jbc.m607482200. 
  17. Yeung, William S.B.; Lee, Kai-Fai; Koistinen, Riitta; Koistinen, Hannu; Seppälä, Markku; Chiu, Philip C.N. (decembro de 2009). "Effects of glycodelins on functional competence of spermatozoa". Journal of Reproductive Immunology 83 (1–2): 26–30. ISSN 0165-0378. PMID 19857900. doi:10.1016/j.jri.2009.04.012. 
  18. Cui, Juan; Liu, Yanguo; Wang, Xiuwen (2017-11-29). "The Roles of Glycodelin in Cancer Development and Progression". Frontiers in Immunology 8: 1685. ISSN 1664-3224. PMC 5712544. PMID 29238349. doi:10.3389/fimmu.2017.01685. 
  19. SEPPäLä, MARKKU; KOSKIMIES, AARNE I.; TENHUNEN, ANSSI; RUTANEN, EEVA-MARJA; SJÖBERG, JARI; KOISTINEN, RIITTA; JULKUNEN, MERVI; WAHLSTRÖM, TORSTEN (May 1985). "Pregnancy Proteins in Seminal Plasma, Seminal Vesicles, Preovulatory Follicular Fluid, and Ovary". Annals of the New York Academy of Sciences 442 (1 In Vitro Fert): 212–226. Bibcode:1985NYASA.442..212S. ISSN 0077-8923. PMID 3893267. doi:10.1111/j.1749-6632.1985.tb37522.x. 
  20. Bolton, A. E.; Pinto-Furtado, L. G.; Andrew, C. E.; Chapman, M. G. (June 1986). "Measurement of the pregnancy-associated proteins, placental protein 14 and pregnancy-associated plasma protein A in human seminal plasma". Clinical Reproduction and Fertility 4 (3): 233–240. ISSN 0725-556X. PMID 2427179. 
  21. JULKUNEN, MERVI; RUTANEN, EEVA-MARJA; KOSKIMIES, AARNE; RANTA, TAPIO; BOHN, HANS; SEPPALA, MARKKU (novembro de 1985). "Distribution of placental protein 14 in tissues and body fluids during pregnancy". BJOG: An International Journal of Obstetrics and Gynaecology 92 (11): 1145–1151. ISSN 1470-0328. PMID 4063232. doi:10.1111/j.1471-0528.1985.tb03027.x. 
  22. Yanyun , Haibo, Guanglu, Yanqin, Jun, Qiongli,Qiongli, Linbo ,Tao, Wang, Luo, Che, Li, Gao,Yang, Zhou, Gao, Wang. (2018). "Placental protein 14 as a potential biomarker for diagnosis of preterm premature rupture of membranes". Molecular Medicine Reports 18 (1): 113–122. PMC 6059659. PMID 29749501. doi:10.3892/mmr.2018.8967. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  23. Suzuki, Fukumine, Sugiyama, Usuda, Yoshichika, Noritaka, Rikikazu, Saburo. (2000). "Clinical Applications of Serum Placental Protein 14 (PP14) Measurement in the IVF-ET Cycle". Journal of Obstetrics and Gynaecology Research 26 (4): 295–302. PMID 11049241. doi:10.1111/j.1447-0756.2000.tb01325.x. Consultado o 25 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
Association 1
INTERN 2
todo 4