Palacio da Zarzuela
residencia privada da familia real española en Madrid, España
O Palacio da Zarzuela é a residencia oficial do rei de España e a Familia Real e sede da Casa Real española; de propiedade estatal, o seu coidado e mantemento está ao cargo do Patrimonio Nacional. Está situada nas proximidades de Madrid, a entrada principal está no quilómetro 3.4 da estrada nacional N-VI.
Palacio da Zarzuela | |
---|---|
Recepción oficial nas escaleiras do palacio. | |
Edificio | |
Estilo | Barroco |
Localización | Madrid, España |
Coordenadas | 40°28′58″N 3°48′05″O / 40.48278, -3.80143 |
Propietario | Patrimonio Nacional |
Uso(s) | Residencia oficial da Familia Real Española |
Construción | |
Inicio | 1627 |
Remate | 1635 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Juan Gómez de Mora Alonso Carbonel |
[ editar datos en Wikidata ] |
Construíuse no século XVII por orde do Cardeal Infante Fernando, irmán do rei Filipe IV como sede de bailes e festas e foi reformado no século XVIII por orde de Carlos IV. Durante a Guerra Civil española foi case totalmente destruído quedando soamente a fachada, restaurado en 1959, converteuse en 1963 na residencia oficial do entón Príncipe de España, Xoán Carlos. En 1975 sufriu unha ampliación e creouse o actual salón de audiencias.