Palmeira anana
Palmeira anana | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chamaerops humilis en Mallorca | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Chamaerops humilisSh L. | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A palmeira anana[2] Chamaerops humilis, é a única palmeira (i.e. familia palmeiras) autóctona de Europa [3] e a única especie do xénero Chamaerops.
Xeneralidades
editarÉ unha planta de gran valor ornamental e ecolóxico moi resistente á seca a partir dos cinco anos. Os seus froitos serven de alimento a moitas especies autóctonas e a súa densidade espiñenta é aproveitada como acubillo para a cría por moitas especies animais. A planta ten valor comercial pola súa beleza e emprégase en xardinaxe pola súa resistencia e por non acadar unha grande altura como outras palmeiras. É moi empregada para xardíns de rocalla e para formar sebes espiñentas que impiden o paso. É frecuente vela en ressorts e hoteis ao ser unha especie rústica que require poucos coidados e soporta ben as condicións duras e a polución. Atópase en invernadoiros para a exportación. É unha especie carismática, extensamente distribuída por todo o litoral mediterráneo español, os rebentos tenros consómense, aínda que non é un produto apreciado. Distribúese polas rexións secas ao longo da costa mediterránea, desde Italia cara ao oeste, mais excluíndo a Francia. É común nas costas mediterráneas de España (especialmente en Andalucía), no Algarve portugués, e no norte de Marrocos. Na provincia de Almería medra de forma natural na Serra do Cabo de Gata, onde é unha das súas especies máis características. Os seus froitos son inxeridos por mamíferos (o porco teixo, o raposo, o coello, ungulados) que, en ocasións, actúan como dispersantes das súas sementes.
Propiedades
editarO froito ten un alto contido de ácido butírico,[4] e é usado como antidiarreico, adstrinxente e nutritivo.[4] Úsase tamén como planta ornamental. Os rebentos centrais téñense usado en alimentación. As fibras das follas úsanse na confección de tapices, vasoiras e cordas, tamén para o recheo de tapizarías.[4]
Taxonomía
editarChamaerops humilis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Die Natürlichen Pflanzenfamilien 4(3b): 77. 1891.[5][6]
Chamaerops: nome xenérico que provén de Chamai = "gamallo", refiríndose ao hábito anano.[7]
humilis: epíteto latino que significa "de baixo crecemento".[8]
- Variedades
- Phoenix humilis (L.) Cav.
- Phoenix humilis Royle
- var. humilis
- Chamaerops arborescens (Pers.) Steud.
- Chamaerops bilaminata Gentil
- Chamaerops conduplicata J.Kickx f.
- Chamaerops depressa Chabaud
- Chamaerops elegans Hook.f.
- Chamaerops macrocarpa Tineo[10]
Notas
editar- ↑ USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/genus.pl?2385 Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine. (17 de agosto de 2013)
- ↑ Nome vulgar da especie en - Termos esenciais de botánica', Universidade de Santiago de Compostela, 2004
- ↑ http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S0716-078X2011000200008&script=sci_arttext
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Palmeira anana". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2009.
- ↑ "Palmeira anana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Sinónimos en Catalogue of life". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2009. Consultado o 06 de abril de 2014.
- ↑ (J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, W.J. Baker, M. Harley e C. Lewis. 2008)
- ↑ En Nomes Botánicos
- ↑ "Variedades en Catalogue of life". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2009. Consultado o 06 de abril de 2014.
- ↑ [Chamaerops humiliswww.theplantlist.org/tpl/search?q=Chamaerops+humilis Palmeira anana en PlantList]
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Palmeira anana |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Palmeira anana |