Pandulfo II de Benevento
Pandulfo II o Vello, finado en agosto de 1014, foi príncipe de Benevento desde 981 e príncipe de Capua (como Pandulfo III) desde 1008 ou 1009 ata a súa morte, fillo de Landulfo III que foi copríncipe entre 959 e 968. Pandulfo estivo asociado primeiro como copríncipe (en Capua) en 977.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X |
Morte | 1014 (Gregoriano) |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Prince of Capua (en) (1008–1014) Prince of Benevento (en) (981–1014) |
Fillos | Gaitelgrima de Benevento, Pandulf IV of Capua, Maria of Amalfi, Landulfo V de Benevento |
Pais | Landulfo III de Benevento e Gaitelgrima de Avellino |
Irmáns | Landulf VII of Capua |
Traxectoria
editarÁ morte do seu pai, Pandulfo foi marxinado polo seu tío, o reinante Pandulfo Testa de Ferro, quen deu Capua e Benevento ao seu fillo máis vello Landulfo IV á súa morte en 981. ese ano, con todo, Landulfo IV foi obrigado a dividir o seu principado por vez primeira desde 910. Benevento foi entregado a Pandulfo. En maio de 987, asociou ao trono ao seu fillo Landulfo na tradición da dinastía de Capua, iniciada por Atenulfo I.
En 999, Odón III visitou o Santuario de Monte Sant'Angelo en Monte Gargano. Á súa volta por Benevento asinou un diploma en favor do mosteiro de S. Sofia o 11 de marzo. S. Sofia era unha fundación familiar da familia de Pandulfo e probabelmente funcionaba como o seu mausoleo. Por razóns descoñecidas, Odón e Pandulfo tiveron as súas diferenzas no ano 1000, posibelmente sobre as reliquias de San Bertomeu, santo patrón de Benevento, ao que Odón construíra unha nova igrexa na Isola Tiberina-San Bartolomeo all'Isola- había pouco tempo. Segundo os Annales Beneventani, Otto rex cum magno exercitu obsedit Benevento: "O rei Odón cun grande exercito cercou Benevento." Non pasou nada, con todo, agás quizais a cesión de certas reliquias (posibelmente a pel de Bertomeu).
Tamén nese ano do milenio, os de Capua depuxeron ao seu príncipe imperialista, Ademaro, e invitaron a Landulfo di Sant'Agata, o irmán de Pandulfo, a ser o seu novo príncipe. En 1003, unha rebelión liderada por Adelfero, conde de Avellino, depuxo a Pandulfo e ao seu fillo en Benevento. Os príncipes non estiveron no exilio moito tempo, con todo. En 1005 atopámolos outra vez gobernando desde a súa capital. A revolta foi un mal sinal: o malestar civil medraba no principado.
En 1007, morreu Landulfo de Capua e Pandulfo sucedeuno xunto co seu fillo, Pandulfo II de Capua. En 1011, 1012, ou 1013, o neto tocaio de Pandulfo, Pandulfo III, o fillo de Landulfo, foi asociado ao goberno de Benevento. Despois, Pandulfo o Vello desaparece das páxinas da historia ata a súa morte, rexistrada en 1014.
Descendencia
editarPandulfo tivo dúas fillas e tres fillos: