Pannexina 1
Identificadores
Símbolo PANX1
Entrez 24145
HUGO 8599
OMIM

608420

RefSeq NM_015368
UniProt Q96RD7
Outros datos
Locus Cr. 11 q14-q21
Pannexina 2
Identificadores
Símbolo PANX2
Entrez 56666
HUGO 8600
OMIM

608421

RefSeq NM_052839
UniProt Q96RD6
Outros datos
Pannexina 3
Identificadores
Símbolo PANX3
Entrez 116337
HUGO 20573
OMIM

608422

RefSeq NM_052959
UniProt Q96QZ0
Outros datos
Locus Cr. 11 q24.2

As pannexinas (do grego 'παν', pan, "todo", e do latín 'nexus', conexión) son unha familia de proteínas de vertebrados que foron identificadas pola súa homoloxía coas proteínas innexinas de invertebrados.[1] As innexinas son responsables da formación de unións comunicantes en invertebrados, pero as pannexinas atópanse predominantemente formando grandes canais transmembrana que conectan os espazos intracelular e extracelular (non conectan dúas células entre si), e permiten o paso de ións e pequenas moléculas entre estes compartimentos (como o ATP e a sulforrodamina B).

Sinalización purinérxica, na que interveñen as pnnexinas.

Describíronse tres pannexinas nos cordados: Panx1, Panx2 e Panx3.[2]

Función

editar

A pannexina 1 está implicada nas etapas iniciais da inmunidade innata por medio da súa interacción co receptor purinérxico P2X7. A activación do canal da pannexina pola unión de ATP ao receptor P2X7 dá lugar á liberación de interleucina-1β.[3]

Entre os papeis hipotéticos que se cre exercen as pannexinas no sistema nervioso están participar no procesamento sensorial, a sincronización entre o hipocampo e o córtex cerebral, a plasticidade hipocampal, e a propagación de ondas de calcio. As ondas de calcio están sostidas polas células gliais, que axudan a manter e modular o metabolismo neuronal. Segundo unha hipótese, as pannexinas tamén poden participar en reaccións patolóxicas, incluíndo os danos neurais producidos despois dunha isquemia e a subseguinte morte celular.[4]

Os canais de pannexina 1 son vías para a liberación de ATP desde as células.[5]

Relacións coas conexinas

editar

As unións comunicantes intercelulares de vertebrados están formadas por proteínas da familia das conexinas.[6] Estruturalmente as pannexinas e as conexinas son moi similares, e constan de 4 dominios transmembrana, 2 bucles extracelulares e 1 bucle intracelular, xunto con colas intracelulares N- e C-terminais. Malia que comparten esta topoloxía, estas dúas familias de proteínas non presentan unha suficiente semellanza de secuencia como para inferir con seguranza que teñen antepasados comúns.

Importancia clínica

editar

As pannexinas poden estar implicadas no proceso de desenvolvemento de tumores. Particularmente, os niveis de expresión de PANX2 serven para predicir a supervivencia posdiagnóstico de pacientes de tumores gliais.

O Probenecid é un fármaco ben establecido para o tratamento da gota, que permite discriminar entre os canais formados por conexinas e por pannexinas. O Probenecid non afecta aos canais formados por conexinas.[7]

  1. Panchin Y, Kelmanson I, Matz M, Lukyanov K, Usman N, Lukyanov S (2000). "A ubiquitous family of putative gap junction molecules". Curr. Biol. 10 (13): R473–4. PMID 10898987. doi:10.1016/S0960-9822(00)00576-5. 
  2. Litvin O, Tiunova A, Connell-Alberts Y, Panchin Y, Baranova A (2006). "What is hidden in the pannexin treasure trove: the sneak peek and the guesswork". J. Cell. Mol. Med. 10 (3): 613–34. PMID 16989724. doi:10.1111/j.1582-4934.2006.tb00424.x. 
  3. Pelegrin P, Surprenant A (November 2006). "Pannexin-1 mediates large pore formation and interleukin-1β release by the ATP-gated P2X7 receptor". EMBO J. 25 (21): 5071–82. PMC 1630421. PMID 17036048. doi:10.1038/sj.emboj.7601378. 
  4. Bargiotas P, Krenz A, Hormuzdi SG, Ridder DA, Herb A, Barakat W, Penuela S, von Engelhardt J, Monyer H, Schwaninger M. "Pannexins in ischemia-induced neurodegeneration" Proc Natl Acad Sci U S A. 2011 Dec 20;108(51):20772-7. doi: 10.1073/pnas.1018262108. Epub 2011 Dec 6.PMID 22147915
  5. Bao L, Locovei S, Dahl G (August 2004). "Pannexin membrane channels are mechanosensitive conduits for ATP". FEBS Lett. 572 (1-3): 65–8. PMID 15304325. doi:10.1016/j.febslet.2004.07.009. 
  6. Dahl G, Locovei S (July 2006). "Pannexin: to gap or not to gap, is that a question?". IUBMB Life 58 (7): 409–19. PMID 16801216. doi:10.1080/15216540600794526. 
  7. Silverman W, Locovei S, Dahl G (September 2008). "Probenecid, a gout remedy, inhibits pannexin 1 channels". Am. J. Physiol., Cell Physiol. 295 (3): C761–7. PMC 2544448. PMID 18596212. doi:10.1152/ajpcell.00227.2008. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
iOS 2
mac 2
os 34
todo 2