Parotidite epidémica

doenza contaxiosa
(Redirección desde «Papeiras»)

A parotidite epidémica é unha doenza contaxiosa que pode ser aguda ou crónica, localizada fundamentalmente nunha ou ambas as glándulas parótidas, que son glándulas salivares maiores situadas detrás das pólas ascendentes da mandíbula. Provócaa o virus dos Paramyxoviridae, que causa unha enfermidade considerada tradicionalmente de nenos e adolescentes, aínda que pode tamén causar infeccións en adultos sensibles.[1] Polo xeral, a enfermidade produce inmunidade para sempre, polo que pode ser previda pola administración dunha vacina, a vacina tripla vírica (SPR). Recibe popularmente diversos nomes como cochechas, orellóns, papeiras ou pezorellos[2].

Parotidite epidémica
Clasificación e recursos externos
Neno con parotidite
ICD-10B26
ICD-9072
DiseasesDB8449
MedlinePlus001557
eMedicineemerg/391 ped/1503
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A parotidite pode afectar diferentes glándulas do corpo, o sistema nervioso central e os testículos. As complicacións máis frecuentes son a meninxite e a inflamación testicular que pode levar á infertilidade. O tratamento consiste no alivio dos síntomas.

Na obra Epidemias, de Hipócrates, escrita aproximadamente entre os anos 475 e 466 a. C., descríbese unha epidemia de parotidite ocorrida na illa de Tasos.[3][4][5]

Epidemioloxía

editar

É unha doenza viral poliglandular, común na infancia, pero non exenta de presentarse na idade adulta, nese caso caracterízase por producir inflamación das glándulas parótidas (principalmente, aínda que afecta outras glándulas do corpo).[6] Antes da introdución da vacinación universal, a parotidite era unha enfermidade que unha vez foi endémica en todo o mundo, afectaba á maioría dos nenos entre 2 e 15 anos de vida, con aproximadamente un 90% de adultos novos cunha seroloxía positiva.[7] Dende a introdución da vacina, a incidencia diminuíu bruscamente con só ocasionais gromos da enfermidade en Latinoamérica. No presente, a súa incidencia aumenta a finais do inverno e durante a primavera en climas tépedos, en particular entre institucións de acollida colectiva de nenos, como as gardarías. Cun período de incubación de 14-21 días, sendo máis contaxiosa uns 4 días antes da inflamación visible das parótidas. Transmítese por contacto con pingas de saliva no aire procedentes dun individuo infectado e, en menor medida, a infección pode propagarse a través dos ouriños.

A vacinación eliminou practicamente as formas da infancia e, paradoxalmente, aumentou o número de casos en adultos novos que a miúdo reciben a vacinación de maneira incompleta (sen a dose de recordo), pero ás veces por administración incorrecta.[8]

  1. Royuela E, Castellanos A, Sánchez-Herrero C, Sanz JC, De Ory F, Echevarria JE. "Mumps virus diagnosis and genotyping using a novel single RT-PCR". 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parotidite.
  3. Lane Fox, Robin (2005): El mundo clásico.
  4. Hipócrates:Epidemias, I, 1 Arquivado 07 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).
  5. Mumps Epidemiology and Prevention of Vaccine-Preventable Diseases (12 ed.). Public Health Foundation. ISBN 9780983263135. 
  6. "The increasing incidence of mumps orchitis: a comprehensive review" 105 (8). PMID 20070300. doi:10.1111/j.1464-410X.2009.09148.x. 
  7. Galazka AM, Robertson SE, Kraigher A, Mumps and mumps vaccine: a global review Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Bull World Health Organ, 1999;77:3-14
  8. Dayan GH, Quinlisk P, Parker AA, [358:1580-1589 Recent resurgence of mumps in the United States], New Eng J Med, 2008;358:1580-1589
  NODES
admin 2
todo 2