Papiermark
Papiermark † | |
---|---|
Papiermark | |
5 millardos de marcos | 20 millóns de marcos |
Código: | M |
Ámbito: | Imperio Alemán República de Weimar Cidade Libre de Danzig República Soviética de Baviera |
Símbolo: | ℳ, ₰ |
Fracción: | 100 pfennig |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 50 pfennig |
Billetes: | 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 500 marcos 1, 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500 mil marcos 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 500 millóns de marcos 1, 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500 mil millóns de marcos 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100 billóns de marcos. |
Emisor: | Reichsbank |
Taxa de troco: | Moeda obsoleta en uso. |
O nome Papiermark (en galego: marco de papel) aplícase á moeda de curso legal en Alemaña a partir do ano 1914, cando se abandonou a relación entre o marco e o ouro debido ao estalido da primeira guerra mundial, relación que servira de base á moeda do Imperio alemán, o Marco de ouro alemán, máis coñecido como Goldmark.
En particular, o nome utilízase para os billetes emitidos na época de hiperinflación en 1922 e, especialmente, en 1923. Isto debeuse a que o goberno alemán decidiu pagar a débeda resultante da guerra emitindo papel moeda.
Historia
editarO valor do marco caeu e continuou baixando desde 1914. A taxa de inflación elevouse logo da primeira guerra mundial e durante a hiperinflación na República de Weimar alcanzou o seu punto máis alto en novembro de 1923. A moeda estabilizouse o 15 de novembro dese mesmo ano tras anunciarse a creación do Rentenmark; con todo, este non entrou en circulación senón até 1924. Cando comezou a circular, o Rentenmark substituíu o Papiermark cunha relación de 1.000.000.000.000 Papiermark equivalentes a 1 Rentenmark. Xa máis avanzado o ano, o Rentenmark foi substituído polo Reichsmark, que sería a moeda oficial até 1948.
Ademais das emisións realizadas polo goberno nacional, as autoridades locais tamén efectuaron emisións de emerxencia tanto de moeda metálica como papel moeda, que foron coñecidas como Kriegsgeld ("diñeiro de guerra") e Notgeld ("diñeiro de emerxencia").
Moedas
editarDurante a guerra comezáronse a utilizar metais máis baratos para acuñar moedas, incluíndo aluminio, cinc e ferro, aínda que a moeda ½ de marco de prata seguiu producíndose até 1919. A moeda de 1 pfennig de aluminio continuou emitíndose até 1918 e a de 2 pfennig até 1916. As moedas de 5 pfennig de aceiro, de 10 pfenning tanto de ferro como de zinc, e de 50 pfennig de aluminio foron producidas até 1922. En 1922 e 1923 acuñáronse moedas de 3 marcos de aluminio, e as de 200 marcos de aluminio, tamén en 1923.
Billetes
editarEmisións durante a primeira guerra mundial
editarEn 1914, a Oficina Estatal de Crédito comezou a imprimir papel moeda coñecido como Darlehnskassenschein (Darlehnskassenscheine desde 1917), que circulaban xunto cos Reichsbank. A maioría tiñan un valor de 1 e 2 marcos, pero tamén existían de 5, 20 e 50 marcos.
Emisións no período de posguerra
editarAs nacións vitoriosas na primeira guerra mundial decidiron reclamar a Alemaña o pago polos gastos que sufriran para loitar contra ela. Carente de medios cos cales pagar (nin en ouro nin en moeda con apoio de reservas), Alemaña imprimiu Papiermarks en forma indiscriminada até saldar a débeda, provocando a desvalorización do marco.
Durante a hiperinflación, o Reichsbank e outras institucións (entre as que se destaca a compañía de ferrocarrís Reichsbahn) emitiron papel moeda con denominacións aínda maiores. O Papiermark producíase e circulaba en cantidades inmensas. Previo á guerra, o billete de maior denominación era o de 1000 marcos, que equivalía aproximadamente a 50 libras esterlinas ou 238 dólares estadounidenses. A comezos de 1922 apareceron os billetes de 10.000 marcos, seguidos por billetes de 100.000 e 1 millón de marcos en febreiro de 1923. En xullo de 1923 entraron en circulación billetes de 50 millóns de marcos e en setembro, de 10 mil millóns. O pico de inflación ocorreu en outubro e as denominacións alcanzaron os 100 billóns de marcos. Ao concluír a hiperinflación, estes mesmos billetes valían aproximadamente 5 libras ou 24 dólares.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papiermark |
Bibliografía
editar- Krause, Chester L.; Mishler, Clifford (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18ª ed. ed.). Krause Publications. ISBN 978-0-87341-150-9.
- Pick, Albert (1994). Colin R. Bruce II e Neil Shafer, ed. Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7ª ed. ed.). Krause Publications. ISBN 978-0-87349-704-6.
- GermanNotes.com (2005). German Paper Money 1871-1999. eBook from germannotes.com
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Historia mundial da moeda - Alemaña (en inglés)
- Galería de moedas do mundo - Alemaña (en inglés)
- Billetes do mundo - Alemaña (en inglés)
- Taxas de cambio (en inglés)