Parque Nacional Vatnajökull
O Parque Nacional Vatnajökull (Vatnajökulsþjóðgarður en islandés) é un dos tres parques nacionais de Islandia, e o segundo de maior extensión de toda Europa, despois do Parque Nacional Yugyd Va de Rusia. O 5 de xullo de 2019, o Parque Nacional Vatnajökull foi inscrito como Patrimonio da Humanidade.[1]
(is) Vatnajökulsþjóðgarður | ||||
Tipo | parque nacional | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Austurland, Islandia, Norðurland eystra, Islandia e Suðurland, Islandia | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1.482.000 ha 1.470.264,02754 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2019 (43ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (viii) | |||
Identificador | 1604 | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2 de xullo de 2011 | |||
Data de remate | 5 de xullo de 2019 | |||
Identificador | 5590 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349715 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 7 de xuño de 2008 | |||
Sitio web | vatnajokulsthjodgardur.is | |||
Historia
editarO Parque Nacional Vatnajökull foi creado o 7 de xuño de 2008, incorporando á súa vez os antigos parques de Jökulsárgljúfur (creado en 1973) e Skaftafell (creado en 1967).
No momento da súa inauguración, ocupaba uns 12.000 km², mais a recente incorporación do complexo volvánico Lakagígar e o lago Langisjór, fixeron que na actualidade o parque conte con 13.600 km² de superficie, o que representa un 13% da illa de Islandia. Abrangue a totalidade do glaciar Vatnajökull, o meirande do país e un dos máis grandes de Europa, así como a rexión de Askja.[2]
Galería de imaxes
editar-
Ófærufoss en Eldgjá.
-
Öræfajökull e Jökulsárlón.
-
Vista do glaciar Vatnajökull.
Notas
editar- ↑ "Vatnajökull National Park on World Heritage List". Iceland Monitor. 5 de xullo de 2019.
- ↑ Heildarkort - General Map. Vatnajökulsþjóðgarður. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2013.