Partido Comunista do Pobo Galego
O Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) é un partido político galego.
Partido Comunista do Pobo Galego | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Historia | |
Fundación | 1984 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo científico Comunismo Marxismo-leninismo Soberanía nacional |
Outros datos | |
Na rede | |
pcdopg.com | |
Historia
editarO Partido Comunista do Povo Galego foi creado en 1984, paralelamente ao proceso de unidade e recomposición comunista impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e máis en Cataluña polo Partit dels Comunistes de Catalunya, en contra do eurocomunismo imperante na dirección do PCE e do PCG. Este proceso levou á fundación do Partido Comunista (PC), antecesor do que logo foi o PCPE.
Posteriormente rexistrouse en 1993 como Partido Comunista do Pobo Galego[1]. Aínda que participou en diversos comicios, os resultados sempre foron minoritarios. A súa última participación foi nas eleccións ao Senado en 2008, onde presentaron candidatura pola provincia de Ourense, e onde obtiveron 4.243, 3.428 e 3.413 votos os seus tres candidatos. En 2008[2] rompeu co PCPE, deixando de ser o seu referente en Galiza.
En 2011 e 2012 o PCPG participou no Foro pola Unidade Comunista Galega, un intento de unificar o comunismo galego, tanto de procedencia histórica estatal como o de tradición independentista. Esa proposta foi nesa altura coa organización de tendencia maoísta Ateneu Proletário Galego e coa organización leninista clásica Forxa[3]. A iniciativa non prosperou e o PCPG seguiu no seu camiño que definen das tres unidades: Unidade Popular e frente de esquerdas, Unidade dos Traballadores e Unidade dos Comunistas. No ano 2014 ahegouse ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e nas eleccións europeas dese ano o partido pediu o voto para a coalición Os Pobos Deciden, integrada polo propio BNG e os vascos Euskal Herria Bildu[4]. Nas eleccións locais de 2015 o PCPG volveu pedir o voto para o BNG - Asembleas Abertas e participou nalgunhas das súas candidaturas locais[5] Nas xerais do mesmo ano o partido formou parte da coalición Nós-Candidatura Galega, co BNG, o Partido Galeguista e outros pequenas organizacións. O representanter do PCPG, Xosé Collazo, foi candidato ao Senado de España pola Provincia de Pontevedra, candidatura que obtivo 31.375 votos (2,08% do total). A nivel local o partido tamén ten apoiado á candidatura Alternativa Canguesa de Esquerdas.
Ideoloxía
editarÉ unha organización Comunista e marxista-leninista partidaria da autodeterminación de Galicia.
Eleccións
editarElección | Votos | % | Deputados |
---|---|---|---|
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 | 989 | 0,07 | 0 |
Eleccións xerais de España de 2008 (Congreso)[a] | 507 | 0,11 | 0 |
Eleccións ao senado
editarAno | Votos | Porcentaxe | Escollido/a? |
---|---|---|---|
2008 (María Hortensia Núñez Insua, en Ourense) | 2.768 | 0,83 | No |
2008 (Emilio José López Blanco, en Ourense) | 2,877 | 0,86 | No |
2008 (Begoña Ares Piñeiro, en Ourense) | 3.467 | 1,04 | No |
2008 (Consuelo Ares Piñeiro, en Lugo) | 272 | 0,08 | No |
2015 (Xosé Collazo Castro, en Pontevedra) | 31.375 | 2,08 | No |
Notas
editar- ↑ Rexistro de partidos políticos Arquivado 07 de marzo de 2011 en Wayback Machine., busca polo termo "pobo"
- ↑ historiaelectoral.com
- ↑ GC (2011). Procuran a unión do comunismo independentista. Galicia Confidencial.
- ↑ Xosé Collazo, do PCPG: “O pobo galego ten que ter unha forza que o represente en Europa e esa forza é o BNG” Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Sermos Galiza.
- ↑ O PCPG SOBRE AS PRÓXIMAS ELEICIÓNS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO. PCPG.