Pasarrúas
peza popular de ritmo moi vivo tocada nas rúas por unha banda, unha charanga ou un grupo de gaiteiros
Un pasarrúas é unha peza popular de ritmo moi vivo tocada nas rúas por unha banda, unha charanga ou un grupo de gaiteiros.
Pasarrúas | |
---|---|
Pasarrúas nas festas de Catoira.
| |
Orixe cultural | Galicia |
Instrumentos típicos | Gaita Tambor Bombo |
Outros nomes | Pasacorredoiras. |
Características
editarOrixinadas probabelmente na Italia do século XVII,[1] os pasarrúas eran inicialmente composicións musicais feitas para desfilar. Son pezas instrumentais, sen acompañamento vocal, que en Galiza empregan normalmente a gaita como instrumento principal. Interprétanse a ritmo de pasodobre rápido e constan de tres tempos de catro a oito compases nos que se fan variacións sobre un motivo principal.[1]
Por extensión, coñécense hoxe en Galiza con este nome a todos os desfiles, festeiros ou reivindicativos, que percorren as rúas con acompañamento musical, normalmente da música tradicional mais tamén de bandas.
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Camafeita Longa, Olga (2010). "Ruada". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte Editora. ISBN 8493781657.