Giovanni Battista Montini, nado en Concesio (Lombardía) o 26 de setembro de 1897 e morto en Castel Gandolfo, o 6 de agosto de 1978, foi o Papa número 262 da Igrexa católica co nome de Paulo VI (en latín: Paulus PP. VI).

Modelo:BiografíaSúa Santidade Editar o valor en Wikidata
Paulo VI, papa

(1969) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Paulus PP. VI Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giovanni Battista Enrico Antonio Maria Montini Editar o valor en Wikidata
26 de setembro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Concesio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de agosto de 1978 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Castel Gandolfo, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas Editar o valor en Wikidata
262º Papa Igrexa católica
21 de xuño de 1963 – 6 de agosto de 1978
← Xoán XXIIIXoán Paulo I →
Cardeal
15 de decembro de 1958 – 21 de xuño de 1963
Roman Catholic Archbishop of Milan (en) Traducir
12 de decembro de 1954 – 21 de xuño de 1963
← Alfredo Ildefonso SchusterGiovanni Colombo →
Substitute for General Affairs (en) Traducir Section for General Affairs (Secretariat of State of the Holy See) (en) Traducir
13 de decembro de 1937 – 17 de febreiro de 1953 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Pontificia Eclesiástica
Pontificia Universidade Gregoriana
Universidade de Roma La Sapienza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Cidade do Vaticano Editar o valor en Wikidata
OcupaciónSacerdote católico de rito romano (1920–), diplomático Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónEugène Tisserant (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de setembro
29 de maio Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de xuño de 1963coronation of Pope Paul VI (en) Traducir
19 de xuño de 1963conclave de 1963
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiGiorgio Montini Editar o valor en Wikidata
IrmánsLodovico Montini Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de xuño de 1963coronation of Pope Paul VI (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) In nomine Domini Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0691065 BNE: XX1645263 Dialnet: 3608470 Musicbrainz: 1eb72151-ce21-4950-ba6e-c39c2c1cb235 Discogs: 2272992 WikiTree: Montini-1 Find a Grave: 2379 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Infancia

editar

Giovanni Battista Enrico Antonio Maria Montini naceu en 1897 en Concesio, unha poboación da provincia de Brescia, en Italia. Foi o segundo dos tres fillos de Giuditta Montini (o seu apelido de soltera era Alghisi) e o avogado Giorgio Montini, quen tamén foi director do periódico Il Cittadino dei Brescia, dirixente de Acción Católica e deputado polo Partito Popolare (democristiano) no parlamento italiano.

Sacerdocio

editar

Iniciou os seus estudos teolóxicos no seminario diocesano de Brescia en 1916, aínda que debido á súa delicada saúde, é autorizado para continualos como alumno externo. Recibe a súa ordenación sacerdotal na catedral de Brescia o 29 de maio de 1920, e celebrou a súa primeira misa en Concesio, no templo da Madonna delle Grazie. Comezou estudos de Dereito Civil na Universidade Estatal de Roma e de Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana. Deixou esta última para ingresar na Escola Diplomática Vaticana. Ao Rematar, iniciou en seguida unha carreira na Secretaría de Estado pontificia que habería de durar máis de trinta anos.

Traxectoria no Vaticano

editar

Pío XII nomeouno, xunto con monseñor Tardini Prosecretario de Estado. As intrigas vaticanas e os desencontros con sor Pascualina, a familiar -unha especie de ama de chaves- de Pío XII e que era chamada "A Papisa" pola súa influencia sobre este, afastouno deste posto, sendo nomeado arcebispo de Milán o 1 de novembro de 1954.

Morto Pío XII, Xoán XXIII creouno cardeal, no seu primeiro consistorio, o 15 de decembro de 1958 e incorporouno á preparación do Concilio Vaticano II.

Durante a primeira sesión do Concilio, liderou ao grupo de bispos que tentaron darlle un pulo aperturista. Lograron formar comisións de traballo representativas das distintas realidades eclesiásticas, sen a tutela da Curia Vaticana. Botaron por terra os esquemas (borradores) de documentos que a propia Curia quería que fosen aprobados case sen debate, para abrir un tempo de diálogo e de maduración de documentos doutro rumbo. Nese tempo de dúbidas, cando uns documentos foron rexeitados e outros aínde están por nacer, pronuncia un histórico discurso onde lanza a pregunta que impulsará o avance do Conciio: "Igrexa, que dis de ti mesma?".

Papado

editar

A morte de Xoán XXIII deixoulle ó seu sucesor a difícil tarefa de levar adiante o Concilio e aplica-las súas innovacións á vida da Igrexa. Para esa tarefa foi elixido Montini como papa o 21 de xuño de 1963,[1] 18 días despois da morte do seu predecesor e a el correspondeulle a apertura da segunda sesión do Concilio Vaticano II o 29 de setembro de 1963, e as seguintes sesións ata a súa posta en marcha a partir do 7 de marzo de 1965. O seu pontificado, polo tanto, estivo marcado pola concreción do espírito do Concilio na renovación e modernización da Igrexa e das súas ensinanzas, reestruturou as institucións vaticanas, internacionalizou o Sacro Colexio Cardenalicio reducindo o predominio abafador dos italianos, descentralizou o poder papal para impulsar unha maior colaboración dos fieis na vida da Igrexa, viaxou por todo o mundo para redobrar a presenza pública da Igrexa e deu un novo impulso ó diálogo ecuménico coas restantes confesións cristiás.

As encíclicas de Paulo VI amosaron a preocupación da Igrexa católica por problemas do mundo moderno como o subdesenvolvemento (Populorum progressio, 1967) ou o control da natalidade (Humanae vitae, 1968); pero demostraron tamén a moderación da apertura que producira o Concilio Vaticano II: en contraste co impulso utópico e progresista de Xoán XXIII, Paulo VI amosouse máis conciliador, pragmático e conservador. Así, por exemplo, a incorporación dos fieis á vida da Igrexa non se levou ata as súas últimas consecuencias, e Paulo VI negouse a altera-lo sistema tradicional de elección dos papa para evitar que o conclave se convertese nunha especie de parlamento democrático (1975).

Este conservadorismo non impediu o cisma dun grupo de católicos integristas franceses encabezados por Marcel Lefebvre, defensores da misa en latín e doutras doutrinas preconciliares (1976).

Durante o seu pontificado presidiu a apertura da Porta Santa na basílica de San Pedro o 24 de decembro de 1974 dando inicio ó ano santo ou xubileu de 1975, o cal foi seguido por aproximadamente mil millóns de persoas en todo o mundo.

En abril de 1978, Paulo VI maniféstase contra as Brigadas Vermellas polo secuestro do político italiano democratacristiano e amigo de xuventude Aldo Moro, de quen se coñece a noticia do seu asasinato o 9 de maio e preside o seu funeral na basílica de Letrán, amosándose visiblemente conmovido e sendo posiblemente esta unha das razóns polas cales se estragou a súa saúde, a cal se agrava o 5 de agosto e falece o día 6 ás 21.40 horas dun ataque cardíaco.

Encíclicas

editar
  • Ecclesiam Suam (6 de agosto de 1964)
  • Mense Maio (29 de abril de 1965)
  • Mysterium Fidei (3 de setembro de 1965)
  • Christi Matri (15 de setembro de 1966)
  • Populorum Progressio (26 de marzo de 1967)
  • Sacerdotalis Caelibatus (24 de xuño de 1967)
  • Humanae Vitae (25 de xullo de 1968)

Causa de canonización

editar

O proceso diocesano para a súa causa de canonización comezou coa aprobación de Xoán Paulo II o 11 de maio de 1993, recibindo o título de Servo de Deus.

O 20 de decembro de 2012, Bieito XVI aprobou a declaración das "Virtudes heroicas" do papa Paulo VI, dándolle o título de "Venerable".[2] O 14 de outubro de 2018, foi canonizado polo papa Francisco.[1]

Notas e referencias

editar
  1. 1,0 1,1 Verdú, Daniel (14-10-2018). "El Papa proclama santos al obispo salvadoreño Óscar Romero y a Pablo VI". elpais.com. Consultado o 15-10-2018. 
  2. Paul VI: on the path to sainthood Arquivado 20 de maio de 2013 en Wayback Machine., no Servizo de Novas do Vaticano, accedido o 4 de xuño de 2013 (en inglés).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Don, Luitpold (1990). Pablo VI: El reformador solitario. Editorial Herder, Barcelona. ISBN 84-254-1726-0
  • Hebblethwaite, Peter (1993). Pablo VI: El primer papa moderno. Javier Vergara Editor, Buenos Aires. ISBN 950-15-1561-3
  • Vidal Manzanares, César (1997). Diccionario de los papas. Ediciones Península, Barcelona. ISBN 84-8307-067-7

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Xoán XXIII
 
262º Papa da Igrexa católica

1963-1978
Sucesor:
Xoán Paulo I
  NODES
Done 1
eth 1
orte 4
see 1