Casa da Braña

construción civil en Carballedo, Cerdedo-Cotobade
(Redirección desde «Pazo da Braña»)

A casa da Braña é unha casa grande situada no lugar da Braña, na parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Pazo da Braña
ConcelloCerdedo-Cotobade
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°28′19″N 8°28′30″O / 42.471944444444, -8.475
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalArquitectura barroca (1730)
Estado actualVivenda
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Construíuna cara a 1730 Gregorio Senra, párroco de Carballedo e arcipreste de Cotobade, como residencia propia e soar dunha capelanía. En 1856 vendeullo ao veterinario de San Xusto, Francisco Javier Garrido Cerviño, posiblemente no marco da desamortización de Mendizábal[1]. En 1885 mercouno o maxistrado José María Vidal González, pasou ao seu descendente o avogado José García Vidal e logo á súa filla, que en 1954 casou co médico ourensán Antonio Fernández Barja.[2]

A construción ten planta rectangular con baixo e piso. En cada fachada hai unha longa solaina con balaustrada de pedra e piares que sosteñen o teito, ás que se accede por medio de patíns. Baixo a solaina fórmase un soportal alintelado sostido por piares. Na esquina sueste hai un reloxo de sol.

A casa sitúase nunha terra lindante co río Almofrei e co rego de Chan das Latas. A propiedade rústica ten un hórreo e unha corte, así como diversas froiteiras (maceiras, abeleiras) e outras árbores. Tamén conta cun cruceiro e unha piscina. O recinto está pechado por balaustrada de pedra nalgúns tramos.

Galería de imaxes

editar
  1. Fortes Bouzán, X. (2015): Terra de Cotobade. Ed. Guiverny, p. 200. ISBN 978-84-939449-9-5
  2. "Enlace Fernández Barja - García Sáenz-Díez". La Región (en castelán). 16 de outubro de 1954. p. 2. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
iOS 1
mac 1
os 15
todo 1