Pazo das Torres de Cereixo

pazo en Cereixo, Vimianzo

O pazo das Torres de Cereixo é un conxunto monumental da vila de Cereixo, no concello de Vimianzo.

Pazo das Torres de Cereixo
ConcelloVimianzo
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGaliza
Coordenadas43°07′57″N 9°07′37″O / 43.132362, -9.127056
Estilo arquitectónico
Estilo actual(século XVI)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

As torres do século XVI, flanquean o corpo do predio no que se abre unha porta, de arco semicircular, no que hai un grande escudo ovoide rodeado de dezaoito bandeiras floriseladas. O escudo está coroado e timbrado co M dos Montenegro. Entre os oito cuarteis pódense ver os brasóns dos Bermúdez, os dos Castro de Lemos, as faixas horizontais dos Soutomaior, as aspas e o Ave María dos Mendoza, as follas de figueira dos Figueroa e a banda engolada en dúas cabezas de dragón dos Andrade.[1]

No lateral do edificio existen outros tres escudos empotrados entre os que se distinguen os emblemas dos posuidores máis antigos das torres: a cabeza de lobo dos Moscoso, as mans de Carantoña, o piñeiro dos Caamaño e a torre de Guisamonte.[1]

Nas proximidades das portas das torres atópase un carballo centenario. Esta árbore cobre toda a praza coa súa arboradura xigantesca e para abranguelo precísanse unhas catro persoas.[1]

O pazo foi declarado como Ben de Interese Cultural. É de propiedade privada e en 2011 foi posto á venda por 4,5 millóns de euros[2].

Ao carón deste pazo pasa a 6ª etapa do Camiño dos Faros.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 "As Torres de Cereixo". Consultado o 03-08-2016. 
  2. "Las Torres de Cereixo están a la venta por 4,5 millones". La Voz de Galicia (en castelán). 01-05-2011. Consultado o 03-08-2016. 
  3. Camiño dos Faros. "CEREIXO". Consultado o 17 de xuño do 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
os 38
todo 1
web 1