Pazo de Abeledo
pazo en Foxado, Curtis
O Pazo de Abeledo é unha construción labrega situada no lugar de Abeledo, na parroquia de Foxado (concello de Curtis). O edificio, do século XIX, foi restaurado como local de turismo rural.
Pazo de Abeledo | |
---|---|
Concello | Curtis |
Provincia | A Coruña |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 43°06′59″N 8°00′42″O / 43.11633, -8.01158 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (galego) |
Estilo actual | (século XIX) |
Estado actual | En bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten dous andares de altura. No interior destacan os espazos amplos e o terreo que está protexido por muros de pedra. O edificio ten pozo, hórreo, xardín e dependencias para a labranza. Conta tamén cunha capela recentemente restaurada[1].