Pazo de Anzuxao

pazo en Anzuxao (Madriñán, Lalín)

O pazo de Anzuxao atópase no lugar de Anzuxao, na parroquia de Madriñán, pertencente ao concello de Lalín. O pazo está construído en cantaría de granito de pequeno tamaño con perpiaño nos cantos, ten planta en L e conta cunha escaleira lateral e galería con balaústre de pedra. Conta ademais cunha pequena capela con espadana, solaina, hórreo, lareira e pombal.

Pazo de Anzuxao
Coordenadas42°42′38″N 8°11′19″O / 42.710674167745, -8.1885536223599
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

As orixes do pazo remóntanse a 1713 e relaciónase coa familia Andrade.

O escudo da fachada procede do pazo de Calzada (Bendoiro). Na actualidade a carón do pazo está situada unha fábrica de derivados lácteos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
mac 1
os 14
todo 1