Pazo de Bendoiro de Abaixo

pazo en Bendoiro (Lalín)

O Pazo de Bendoiro de Abaixo é un pazo galego situado na parroquia lalinense de Bendoiro, na marxe dereita da estrada N-525 ao adiantar Prado.

Pazo de Bendoiro de Abaixo
Coordenadas42°40′47″N 8°10′33″O / 42.679722222222, -8.1758333333333
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Foi construído a finais do século XVIII, segundo se le na capela no ano 1773. Conta cunha gran solaina, unha cheminea de grandes proporcións e un escudo de grandes dimensións sobre o portón de entrada no que se representan as armas dos Arias, López de Lemos, Churruchaos, Taboada e Arias. A arquitectura é amurallada.

Manuel Saco Taboada Feijoo, un titular da casa, foi xustiza da torre-fortaleza de Lalín. Nela naceu tamén María Antonia Taboada Bueno, esposa de José María Moscoso de Altamira primeiro conde de Fontao, Moscoso e Altamira, ministro de Gobernación e presidente do Senado na época de Isabel II.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
os 19
todo 1
web 1