Pazo de Cardexía

casa señorial, en Cardexía (Filgueira, Lalín)

O pazo de Cardexía é un pazo situado no lugar de Cardexía, na parroquia lalinense de Filgueira. Actualmente o edificio atópase en estado de abandono.

Pazo de Cardexía
ConcelloLalín
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°41′13″N 8°08′00″O / 42.68691829171, -8.1333148868564
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

O pazo, realizado en cantería de pequeno tamaño, ten planta rectangular e tellado a catro augas. Conta con balcón sobre columnas de pedra na fachada principal e cheminea de grandes dimensións. A parte oposta á fachada principal está rodeada por un muro alto. Neste lugar atópanse as cortes para cabalarías e gando.

Están presentes no pazo os escudos do Taboada, Salgado, Deza e Gil.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
os 9
todo 1