Pazo de Cascaxide
O Pazo de Cascaxide é unha casa señorial localizada no lugar de Cascaxide, na parroquia de Escuadro (Silleda), construído a finais do século XVII con algunha parte de principios do XVIII.
Pazo de Cascaxide | |
---|---|
Concello | Silleda |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°41′44″N 8°18′57″O / 42.6956, -8.3157 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio é de planta rectangular, baixo o piso e salvando o desnivel do terreo, ten un piso máis con arcadas nunha das frontes, torre de catro plantas e balcóns de balaustrada que sobresaen da fachada. A fachada principal ten porta adintelada, copete cun grande escudo e gárgolas. Noutra das frontes ten un piso faiado con balconada e dous escudos. Prolóngase cunha muralla na que se abre o portón de arco de medio punto.
Entre as dependencias anexas hai dous hórreos e unha capela.
Nel rodouse parte do filme Lobos de Arga.
É de propiedade privada, da familia Espinosa.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Pazo de Cascaxide na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.