Pazo de Cea
O Pazo de Cea, é unha casa señorial que se atopa no lugar de Grolos, no concello pontevedrés de Nigrán. Trátase dunha propiedade privada reconvertida en restaurante, hotel rural e lugar para realización de eventos coma reunións ou casamentos. Considérase monumento histórico artístico e ben de interese cultural[1].
Pazo de Cea | |
---|---|
Concello | Nigrán |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°08′55″N 8°47′59″O / 42.148498, -8.799817 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | moderno (século XVI) |
Estilo actual | (s. XVI, con reformas no XIX ) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarTrátase dun pazo tipicamente galego con influencias portuguesas, con muros en cachotaría de granito con perpiaño de cantaría en esquinais, coa planta en forma de "L". Na esquina interior conta cunha escalinata que desemboca nunha solaina con balaústres de granito sobre soportal de arcos de volta perfecta. O resto da fachada é simple, con ocos sinxelos, agás un balcón sostido con grandes canzorros.
É de salientar o impresionante portón de pedra, cun muro rematado por ameas, portas alinteladas entre pilastras e alto copete rematado por pináculos; ademais ten tres escudos e a inscrición Fíxose por D. Bernardo de Cea Añel e Romay ano 1813.
Conta ademais cunha capela acaroada ao portón, un pombal, unha fonte brasonada e un gran canastro. É de salientar o xardín[1].
Para habilitar o edificio ao uso actual construíuse un moderno pavillón na parte traseira.
Historia
editarO pazo ergueuse no último terzo do século XVI polo abade da antiga freguesía de Nigrán, Joan de Cea. A historia non é aínda moi coñecida, pero pénsase que foi a familia Cea, familia do abade e relacionada con importantes liñaxes galegas (Romai, Añel, Gándara, Mariño ou Troncoso), a herdeira do pazo. Tivo un papel decisivo na historia do concello nos séculos XVII e XVIII. A diferenza do uso común dos pazos galegos como centro de explotacións agrícolas, o Pazo de Cea sempre foi unha mansión residencial. Sufriu varias reformas, a maior en 1813 por Bernardo de Cea. Dende aquela a familia Cea morou no pazo, aínda que é de salientar que nos seus últimos días de residencia privada (finais do século XX), habitou nel a escritora de orixe galega Elena Quiroga. Despois quedou abandonado até que en 2011 foi mercado para uso hostaleiro[2].
Novo uso e visita
editarEn 2011 a empresa Organiza Nigrán S.L. restaurou e rehabilitou o pazo coma lugar de celebración de todo tipo eventos, como vodas ou actos empresariais. Foi inaugurado en 2012. Ademais conta cun restaurante aberto ao público levado por Casa Solla, que conta cunha estrela Michelin dende o ano 1980.[3]
Con todo, a leira está aberta ao turismo, e o propio pazo organiza visitas guiadas. O xardín da quinta mide 4,4 hectáreas[4].
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Pazo de Cea na páxina web de Turgalicia.
- ↑ «Pazo de Cea, una historia por descubrir» Faro de Vigo, 22/7/2012 (en castelán).
- ↑ "Pepe Solla alimenta el nuevo Pazo de Cea" ABC, 9/7/2012 (en castelán).
- ↑ «Nigrán recupera el Pazo de Cea para ganar un lugar de eventos» La Voz de Galicia, 5/7/2012 (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- López-Chaves Meléndez e Amor Moreno (1988), Inventario Pazos y Torres de la Provincia de Pontevedra, pp. 78–80, Deputación de Pontevedra. ISBN 84-86845-09-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- PazodeCea.com en castelán, inglés e portugués.