Pazo de Cela
O Pazo de Cela é un pazo de estilo barroco do século XVII situado na parroquia de Cela, no concello coruñés de Cambre, moi achegado á cidade da Coruña. De propiedade privada, no século XXI abre ao público como espazo para a celebración de banquetes de casamento ou bautizos.
Pazo de Cela | |
---|---|
Concello | Cela, Cambre |
Provincia | A Coruña |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 43°17′22″N 8°19′44″O / 43.289444444444, -8.3288888888889 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (século XVII) |
Estilo actual | (século XVIII) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarEdificio
editarO estilo é predominantemente barroco, cunha planta rectangular e cuberta de tella plana, conta con planta terrea e dous andares. Os muros son de fábrica de cachotaría de granito e cantaría nas contornas dos vans do primeiro andar. Destaca unha escaleira cun patín monumental de perpiaños de granito. Salientan dous escudos a ambos os dous lados da porta principal[1].
Xardinaxe
editarA quinta, de 6.000 m², áchase amurallada, e conta cun xardín de estilo afrancesado, entre outros elementos de xardín, cun encoro, unha pérgola, un quiosco e un pavillón acristalado onde se celebran os eventos.
En canto á vexetación, conta con sebes de buxos, e diversos exemplares de palmeiras, plátanos, fentos arbóreos, camelias e criptomerias.