Pazo de Guyatt
O pazo de Guyatt, tamén coñecido como pazo de Cotón de Castro e pazo da Pasaxe,[1] é un pazo situado o lugar das Xubias no concello da Coruña.
Pazo de Guyatt | |
---|---|
Edificio | |
Localización | As Xubias de Abaixo, 11 15006, A Coruña |
Coordenadas | 43°20′34″N 8°23′12″O / 43.342777777778, -8.3866666666667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAínda que posiblemente o pazo teña orixe medieval, a primeira referencia sobre a súa existencia aparece no século XVI, propiedade do rexedor da Coruña Pedro de Villafranca. A principios do século XVII comprouno o tamén rexedor Gabriel Cotón.[2]
Durante a guerra da Independencia foi saqueado polos franceses. En 1865 coa creación da liña de ferrocarril A Coruña - Madrid construíuse un túnel que reduciu o terreo do xardín.[2]
A finais do século XIX a familia Cotón arruinouse, acabando a propiedade nas mans da familia Guyatt, que chegara á cidade en 1870.[2]
Trala guerra civil o goberno franquista incautouse da parcela para instalar o Fogar Infantil das Xubias. Este feito supuxo un estrago do pazo e mesmo foi espoliada unha escaleira.[2] Ademais, serviu de lugar de descanso para oficiais nazis durante a segunda guerra mundial.[2]
Descrición
editarO pazo é un edificio de granito e planta cadrada.[1] Na fachada consérvase o escudo dos Cotón de Castro.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "El plan de Oza propone dedicar el pazo de Guyatt a uso público y el de los Blanco a investigación". La Opinión A Coruña (en castelán) (A Coruña). 28-02-2022. Consultado o 02-08-2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Ventureira, Rubén (21-07-2024). "El Pazo de Guyatt – Las mil vidas del pazo inglés de As Xubias en A Coruña". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 02-08-2024.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |