Pazo de Liñares

casa grande en Liñares, Prado, Lalín

O Pazo de Liñares é unha casa señorial localizada no lugar de Liñares, na parroquia de Prado (Lalín).

Pazo de Liñares
ConcelloLalín
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°40′49″N 8°11′30″O / 42.68027778, -8.19166667
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XVII)
Estilo actual(século XVII)
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Aínda que a construción orixinaria do edificio é do século XVI, a súa fundación foi a finais do século XVII por Álvaro Núñez Taboada, da Casa de Bendoiro. A familia Taboada foi propietaria do pazo durante catro séculos, ata a primeira metade do século XX, no que o perderon tras unha partida de cartas. No pazo, naceu no 23 de setembro do 1895 o pioneiro da aviación Joaquín Loriga, pasando ademais a súa infancia neste edificio.

Foi adquirido polo concello de Lalín a finais do ano 2002. No ano 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento por Decreto 334/2009 de 4 de xuño da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. As obras de rehabilitación comezaron o día 14 de abril de 2011, e asinouse a recepción das mesmas o 28 de febreiro de 2013.

Estilo

editar

O pazo é de estilo barroco. É de planta rectangular de cantería cunha gran fachada principal á que abre os balcóns e fiestras. Distribuído en tres plantas, supera os 800 metros cadrados construídos. Na fachada posterior destaca unha galería de cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril. Ademais conta cun anexo en forma de 'L' no seu sector suroeste, cunha capela e cun pombal. Nos escudos do pazo campean as armas dos Mosqueira, Churruchaos e López de Lemos xunto ás dos Taboada. No interior salienta a lareira, pola súa gran dimensión e por estar coroada por unha singular cheminea.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
os 27
todo 1
web 1