Pazo de Mariñán
O Pazo de Mariñán é un pazo do século XVIII, que se atopa no lugar de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1972.
Pazo Mariñán | |
---|---|
Concello | Bergondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 43°18′57″N 8°13′04″O / 43.31575278, -8.21782778 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (barroco) (século XV) |
Estilo actual | (século XVIII) |
Estado actual | Bo [1] |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarSitúase a 25 km da cidade da Coruña, na marxe esquerda do río Mandeo, moi próximo a poboacións históricas como Betanzos e Pontedeume. Presenta elementos barrocos no seu corpo arquitectónico e no seu xardín de estilo francés.
Ten a súa orixe no século XV. Gómez Pérez das Mariñas I, nobre da corte de Xoán II de Castela, mandou construír unha defensa. Inicialmente era coñecido como Pazo de Bergondo. Gómez Pérez das Mariñas participou activamente na Gran Guerra Irmandiña (1467-1469).
Foise herdando de pais a fillos ata chegar a mans de Gerardo Bermúdez de Castro y Suárez de Deza, señor de Láncara. Un antepasado seu foi Luís de Pimentel e Soutomaior, que intentou asasinar á súa muller, Inés de Ribadeneira, nas dependencias do pazo.
Ó morrer Gerardo Bermúdez en 1936 sen descendencia, o pazo quedou legado á Deputación da Coruña para fins sociais. Ó ser os seus últimos propietarios Señores de Láncara, o pazo foi coñecido polos seus contemporáneos como Pazo de Láncara, sendo así recordado pola veciñanza de máis idade. Asemade na declaración como conxunto histórico artístico no 1972 se fará mención a este dobre nome, que oculta o máis antigo de Pazo ou Quinta de Bergondo. O Pazo de Láncara (Lugo) tamén formaba parte do legado de Gerado Bermúdez de Castro.
Á morte deste benfeitor a súa doazón pasou case inadvertida; o Pazo foi nomeado Fogar Xeneralísimo Franco e co beneficio de vendas de terras se fixeron colexios e outros centros asistencias, ningún dos cales leva o seu nome.
Conta cunha pinacoteca visitable, centrada en cadros dos séculos XIX e XX, moitos deles galegos, e as súas dependencias están ambientadas con mobiliario principalmente do século XIX.[2]
Xardín
editarO xardín do pazo conta con exemplares botánicos de gande importancia, tres deles figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia:
- Érbedo;
- Nogueira pecán ou de Illinois, Carya illinoensis;
- Eucaliptos.
Ademais o grupo de Plátanos comúns figura no mesmo catálogo, na categoría de formacións senlleiras.
Galería de imaxes
editar-
Fonte no xardín francés.
-
Xardín principal.
-
Escaleiras.
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pazo de Mariñán |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- José Manuel García Iglesías (2001). Guía dos pazos de Galicia - A Coruña. Editorial Galaxia S.A. ISBN 84-8288-434-4.