Pazo de Mugartegui
O Pazo de Mugartegui, ou Pazo dos Condes de Fefiñáns en Pontevedra, é un pazo barroco que data do século XVIII. Actualmente alberga a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.[1]
Pazo de Mugartegui | |
---|---|
Concello | Pontevedra |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°26′01″N 8°38′36″O / 42.433611111111, -8.6433333333333 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (Barroco, século XVIII) |
Estilo actual | (Barroco, século XVIII) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Localización
editarEstá situado na Praza da Pedreira, no corazón do casco antigo de Pontevedra, moi preto da ponte medieval do Burgo. A gran cantidade de pedras que se acumularon fronte ao pazo de Mugartegui para construír tanto o pazo como a igrexa de San Bartolomeu e o Colexio da Compañía de Xesús fixo que este espazo recibise o nome de Praza da Pedreira.
Historia
editarO pazo foi construído para José Manuel Valladares e Figueroa, Conde de Fefiñáns, sobre as ruínas dunha casa do século XVII. Foi realizado polo mestre canteiro Pedro Antonio Ferreiro, que terminou a construción en 1771, excepto o frontón do escudo finalizado en 1773. O edificio pertencía entón á familia Fernández de Mugartegui, emparentada cos Valladares, de quen toma o seu nome actual.[2]
Durante o século XIX, o pazo converteuse nun centro educativo, xa que albergaba a Escola Normal Masculina. No século XX dividiuse en varias vivendas e, a partir de 1955, foi sede da Academia de Estudos Jovellanos.
Hoxe en día pertence ao Concello de Pontevedra, que o comprou o 20 de novembro de 1998.[3] O arquitecto Jesús Aser Fole foi o encargado de reformalo. Desde 2003 atópase alí a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas,[4] cun museo do viño na planta baixa, mentres que as súas salas son utilizadas polo Concello para actos protocolarios, culturais e sociais.[5] Inaugurouse para estas novas funcións o 24 de marzo de 2001.[6]
Descrición
editarO pazo ten unha fachada cun arco de entrada, un balcón central con varanda curva e un gablete. A planta baixa ten soportais que daban acceso ás antigas cortes e adegas e ás habitacións da servidume, con sete arcos de medio punto sostidos por pequenas columnas de orde toscana.[7] Por encima destes arcos, o segundo andar ten sete portas francesas. Diante da porta central do primeiro piso hai un pequeno balcón con varanda de ferro.[8]
O corpo central está enmarcado por pilastras coroadas con pináculos. Na parte superior, hai un frontispicio no frontón semicircular partido cun escudo rococó coroado por un helmo, e sobre el, un reloxo de sol e un sol de pedra cuxos raios emanan dun rostro de fazulas riseiras. O escudo mostra as armas das liñaxes de Figueroa, Arango, Quirós e Omaña.
Na fachada traseira pódese ver a terraza que no seu día se abriu como miradoiro sobre o Lérez.
Cultura
editarO salón principal do pazo é utilizado polo Concello de Pontevedra para actividades culturais e para a celebración de vodas.[9] Ademais, desde o seu balcón, un personaxe famoso dá cada ano o pregón para inaugurar as festas de agosto da Virxe Peregrina de Pontevedra.[10]
Galería de fotos
editar-
Fachada
-
O Pazo na praza da Pedreira pola noite
-
Fachada do pazo
-
Balcón e escudo
-
O pazo na praza, de día
-
Soportais do pazo
-
Escaleira interior
-
Fachada
-
Soportais e praza da Pedreira
Notas
editar- ↑ "Rías Baixas se instalará en el pazo Mugartegui la próxima primavera". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de novembro de 2003.
- ↑ "El Pazo de Mugartegui". Diario de Pontevedra (en castelán). 30 de xullo de 2017.
- ↑ "El pazo de Mugartegui ya es propiedad municipal". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 2018.
- ↑ "Rías Baixas aplaza al verano su traslado al pazo de Mugartegui". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de marzo de 2004.
- ↑ "La obra de Mugartegui costó 50 millones más de lo previsto". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de marzo de 2001.
- ↑ "El día que abrió sus puertas el Pazo de Mugartegui". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de marzo de 2017.
- ↑ "Un pleito contra un escudo opulento". Faro (en castelán). 26 de decembro de 2012.
- ↑ "Los 11 edificios que reconoces si eres de Pontevedra". El Español (en castelán). 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Ayuntamiento cobra una tasa de 77,64 euros y cede para la ceremonia un salón de Mugartegui". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de novembro de 2010.
- ↑ "«Será un pregón cheo de agradecemento e agarimo a esta cidade»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Mugartegui |
Bibliografía
editar- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). El País-Aguilar. p. 63-64. ISBN 978-8403509344.
- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Deputación de Pontevedra. p. 303. ISBN 978-84-8457-327-2.
- Ribeiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Edicións do Cumio. p. 39. ISBN 9788482890852.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Pazo de Mugartegui Arquivado 30 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na web Visit-Pontevedra
- Pazo de Mugartegui na web de Terras de Pontevedra
- Pazo de Mugartegui na web de Turismo Rias Baixas