Pazo de Paizás
construción civil en Cira, Silleda
O Pazo de Paizás é unha casa señorial da freguesía de Cira, no concello de Silleda. Foi edificado en 1717 e sufriu diversas reformas posteriormente.
Pazo de Paizás | |
---|---|
Concello | Silleda |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°46′20″N 8°21′34″O / 42.772208015363, -8.3593154970144 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (1717) |
Estado actual | En bo estado, privado |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pazo consta dunha nave rectangular con dous costados que permiten pechar un patio interior. Nunha desas ás álzase unha torre posterior á edificación, mentres que a fachada principal está presidida por unha fonte con varios ornamentos e o escudo familiar. Un dos laterais consta de soportal con arcos de medio punto cunha balaustrada no seus remates.[1]
Conta cunha ampla plantación de maceiras que producen mazás golden.
Notas
editar- ↑ "Pazo de Paizás". dezaturismo.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2018.