Pazo de Sestelo
pazo en Siador, Silleda
O Pazo de Sestelo é unha casa señorial do século XVI situada no lugar de Sestelo, na parroquia de Siador, no concello de Silleda.
Pazo de Sestelo | |
---|---|
Coordenadas | 42°40′43″N 8°15′00″O / 42.678496764962, -8.2500787015657 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
Historia
editarCoñecida tamén como casa de Sestelo, é propiedade da familia Rivas. Un dos seus membros, Francisco María Rivas Taboada, foi o impulsor e benfeitor do Santuario da Virxe da Saleta, situado en Siador. Na actualidade, o seu tataraneto, Roberto Rivas Martínez continua con este labor.
Os Baamonde e os Ocampo aparecen no escudo de armas, mentres que os Pimentel quedaron reflectidos nunha inscrición na capela do pazo, adicada á Virxe do Socorro.