Pazo de Tarrío

construción civil no concello de Dodro

O pazo de Tarrío é unha construción civil situada no lugar de Tarrío, parroquia de Laíño, no concello de Dodro, de titularidade privada.

Pazo de Tarrío
ConcelloDodro
ProvinciaProvincia da Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°43′14″N 8°42′42″O / 42.720583333333, -8.7117222222222
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal( s. XVI )
Estilo actualBarroco
Estado actualReformado,
Propiedade privada non visitable.
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Iniciouse a construción en 1567 polo fidalgo Antonio Ballesteros del Mazo e a súa dona María Cardama, con posesións en Santiago de Compostela e en San Xián de Laíño.[1][2] A planta ten disposición angular, conta cunha torre cuadrangular de amplas xanelas e posúe unha cheminea monumental.[3] Na fachada principal hai unha escaleira que culmina nun patín e dá acceso á planta nobre.[4] Ten unha fonte de dous canos que acubilla unha imaxe de Santo Antón[5] e a capela do Corpus Christi.[6]

O escudo, do século XVIII, está composto por dúas béstas cruzadas (armas dos Ballesteros), unhas vieiras e cinco estrelas dispostas en cruz.[4][7]

Historia

editar

Erixido no século XVI, a súa construción foise desenvolvendo conforme medrou a fortuna da familia.[2] En 1666, Antonio Ballesteros, consultor do Santo Oficio e rexedor da cidade de Santiago, causou un incendio que lle afectou á casa e no que arderon os papeis da facenda.[1] A finais do século XVII comezaron os litixios entre os propietarios do pazo e a Igrexa.[2]

Durante a guerra de independencia española os franceses entraron no pazo e arramplaron co que puideron.[3] En 1819 o arcebispo Rafael Muzquiz, pouco despois do paso das tropas francesas, visitou o pazo.[6] Entre os decendentes máis sobranceiros da familia Ballesteros destaca Luís López Ballesteros, ministro de facenda[7] durante o reinado de Fernando VII.[3]

A finais do século XIX, tralos prolongados e custosos preitos coa Igrexa pola titularidade, os Ballesteros perderon a capacidade económica para poder continuar co litixio[3] e en consecuencia quedaron sen a propiedade do pazo no ano 1898,[7][8] que pasou a pertencer deseguido á familia fidalga dos Romay.[3] Dende entón o pazo comezou a deteriorarse,[7] ata quedar en estado ruinoso a mediados do século XX.[3]

Juan Ramón Quintás, economista, catedrático e un dos políticos que participou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, adquiriu a propiedade[cando?] e rehabilitou o pazo.[9]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 3
os 55
todo 2