Pazo de Vilar de Francos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O pazo de Vilardefrancos é unha casa solariega localizada en Vilar de Francos, na parroquia de Artes, no concello de Carballo. O edificio data do século XVI e mantén a súa estrutura orixinal en bo estado de conservación. Actualmente é de propiedade privada e non é visitable.
Pazo de Vilardefrancos | |
---|---|
Concello | Carballo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 43°10′56″N 8°38′39″O / 43.182134161441, -8.6442499029817 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (románico) |
Estilo actual | (século XVI) |
Estado actual | En bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarO edificio principal do pazo está coroado por unha torre defensiva que se remonta á época dos Reis Católicos; érguese como fortaleza para presidir unha encrucillada de vales, bosques e xardíns. O edificio ten planta aproximadamente rectangular formada por un engadido de dependencias á torre central, e está arrodeado por unha muralla amenada que garda as zonas axardinadas e agrícolas. O pazo conta tamén con alpendres, cortes, hórreo e outras dependencias.
Preto do pazo hai un exemplar de carballo duns 700 anos de antigüidade coñecido como o carballo de Santo Antonio, declarada árbore senlleira. Segundo a tradición, as rapazas que conseguen introducir unha pedra dentro da árbore tirándoa de costas casan nese mesmo ano.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Pazo de Vilar de Francos na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.