Pazo do Pousadouro
pazo en Reboreda, Redondela
O pazo do Pousadouro é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.[1]
Pazo de Pousadouro | |
---|---|
Concello | Redondela |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°17′08″N 8°36′05″O / 42.285638888889, -8.6014444444444 |
Estilo arquitectónico | |
Estado actual | En bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarA fundación do pazo data do ano 1740, da man de Francisco Casimiro Marcó del Pont [2], militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. O brasón da familia fica na entrada do pazo.
No ano 1834, após a morte do seu dono, o pazo foi posto á venda. Porén, non sería até finais de século cando o adquirise en propiedade Fermín Alfaya Milijosa, un avogado galego.[3]
O Pazo de Pousadouro foi o escenario de gravación de varios capítulos do programa da Televisión de Galicia Larpeiros.
Notas
editar- ↑ Pazo do Pousadouro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Juan Manuel López-Chavez Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), pp. 176-181. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2.
- ↑ J Miguélez. Anecdotario redondelán, ed. "Arquitectura Civil". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2014.