Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro (do latín petra ficta, 'pedra chantada' e cebro, 'asno montés')[1] é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Pedrafita do Cebreiro | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 909 (2023) (8,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 105,1 km² | ||||
Altitude | 1.098 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Luis Raposo Magdalena | ||||
Eleccións municipais en Pedrafita do Cebreiro | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27000–27999 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27045 | ||||
Sitio web | concellodepedrafitadocebreiro.es |
Xeografía
editarAtópase na zona montañosa do leste da provincia de Lugo, no límite coa provincia de León, en plena serra dos Ancares. Cunha altitude de 1.098 metros na capital municipal, é o concello máis alto da provincia e tamén de toda Galicia. Os principais picos son O Faro (1.615 m), Muralla (1.480 m), Area (1.402 m) e Carballeda (1.392 m). No concello nacen os ríos Navia e Lor.
Limita ao norte con Cervantes e As Nogais, ao oeste con Triacastela e Samos, ao sur con Folgoso do Courel e ao leste cos concellos leoneses de Barxas e A Veiga de Valcarce.
Demografía
editarCenso total | 1.032 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 38 (3.68 %) |
Entre 15 e 64 anos | 557 (53.97 %) |
Maiores de 65 anos | 437 (42.34 %) |
Evolución da poboación de Pedrafita do Cebreiro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.402 | 4.687 | 4.223 | 2.520 | 1.486 | 1.263 | 1.228 | 1.199 | 1.175 | 1.155 | 1.119 | 1.088 | 1070 | 1032 | 1001 | 969 | 943 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
editarToponimia
editarPedrafita do Cebreiro procede do latín petra ficta, 'pedra cravada, miliario ou monumento megalítico, consistente nunha gran pedra colocada verticalmente' e cebrarium, 'lugar onde hai moitos asnos bravos', tamén chamados onagros e 'cebros' < (e)quos feros + -arium (sufixo abundancial).[2].
Patrimonio
editarPatrimonio arquitectónico
editar- A igrexa prerrománica de Santa María do Cebreiro, que formaba parte dun mosteiro medieval situado nun paso obrigado no camiño a Santiago.
- As pallozas típicas da serra dos Ancares.
O Cebreiro na literatura popular
editar- Refraneiro
- Corren as nubes pra o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro [3].
- Cantigueiro
- Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [4].
- Os ollos que me a min queren/ nesta terra non están;/ pasaron a Cruz de Ferro/ e por Castilla andarán [5].
- Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [6].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Pedrafita do Cebreiro.
-
Altar da igrexa de Santa María
-
Igrexa de Santa María
Parroquias
editarLugares
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Pedrafita do Cebreiro vexa: Lugares de Pedrafita do Cebreiro.
Notas
editar- ↑ Real Academia Galega (Antón Santamarina) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Pedrafita do Cebreiro (Youtube).
- ↑ Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páxs. 326, 428, 492.
- ↑ Saudade. Verba Galega nas Américas 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 3, maio 1943, 24-25.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo, en Pedrafita do Cebreiro, que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela deixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedrafita do Cebreiro |
Bibliografía
editar- López Pombo, Luis (1993). Concellos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela. Un recorrido por sus parroquias (en castelán). Deputación de Lugo.
Outros artigos
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |