Pedro V de Portugal
político portugués
Pedro V de Portugal, alcumado o Esperanzado, (nado en Lisboa o 16 de setembro de 1837 e finado o 11 de novembro de 1861), foi rei de Portugal entre 1853 e 1861.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Era o fillo máis vello da raíña María II e do rei consorte Fernando II. Pedro V foi un rei traballador que, guiado polo seu pai, realizou unha modernización radical no Estado portugués e nas súas infraestruturas. Durante o seu reinado, construíronse estradas, telégrafos e vías férreas; tamén se realizaron melloras na saúde pública.
Estas melloras, con todo, non serviron para salvar a vida do novo rei que morreu de cólera en 1861. Estaba casado coa princesa Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen pero non tiveron fillos, así que o trono pasou ao seu irmán Lois.
Predecesor: María II e Fernando II |
Rei de Portugal 1853-1861 |
Sucesor: Lois I |
Predecesor: - |
Príncipe Real de Portugal 1837-1853 |
Sucesor: Carlos I de Bragança (I de Portugal) |
Predecesor: María II de Bragança (II de Portugal) |
Duque de Bragança 1837-1853 |
Sucesor: Carlos I de Bragança (I de Portugal) |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pedro V de Portugal |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |