O peixe martelo,[1][2] tamén coñecido como martelo,[1] cornuda,[1][3] e como tiburón martelo,[3][4] debido á súa peculiar característica de ter a cabeza prolongada cara aos lados, é un tiburón da familia dos esfírnidos (Sphyrnidae), da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes) que vive en augas temperadas e tropicais de todo o mundo.

Peixe martelo
(Spyrna zygaena)
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Carcharhiniformes
Familia: Sphyrnidae
Xénero: Sphyrna
Especie: S. zygaena
Nome binomial
Sphyrna zygaena
(Linnaeus, 1758)
Distribución xeográfica do peixe martelo
Distribución xeográfica do peixe martelo

Distribución xeográfica do peixe martelo
Sinonimia
  • Squalis pictus* Blainville, 1816
  • Squalus carolinensis* Blainville, 1816
  • Squalus zygaena Linnaeus, 1758
  • Zygaena malleus Valenciennes, 1822
  • Zygaena subarcuata Storer, 1848
  • Zygaena vulgaris Cloquet, 1830

* sinónimo ambiguo

Descrición

editar

As principais características distintivas do peixe martelo son:[4]

  • Corpo alongado e fusiforme, que alcanza unha lonxitude máxima de entre 370 e 400 cm.
  • Cabeza aplanada e alongada en dous lóbulos onde, nos extremos, están situados os ollos (no suscita ningunha dúbida para a súa identificación debido á súa forma de martelo).
  • Boca ventral moi arqueada armada de dentes triangulares e cos bordos lisos ou finamente serrados.
  • Cinco pares de fendeduras branquiais, as dúas últimas á altura das aletaspectorais.
  • Dúas aletas dorsais, a primeira grande, rematada en punta e a segunda moito máis baixa.
  • coloración do dorso parda agrisada, cos flancos máis claros e o ventre abrancazado.

Hábitat e bioloxía

editar

Vive en augas tropicais e temperadas. É un potente nadador peláxico que se pode encontrar tanto cerca da costa como en mar aberto e preferentemente en zonas de profundidade de 20 a 400 m. Aparentemente é o tiburón máis tolerante coas temperaturas da auga.[4] Pode realizar migracións e a miúdo forma grupos.

Alimentación

editar

Aliméntase principalmente de pequenos peixes óseos demersais e peláxicos, e tamén come crustáceos e moluscos.[5]

Reprodución

editar

É ovovivíparo, parindo as femias, en cada camada, de 29 a 37 crías, que miden entre 50 e 61 cm ao nacer. Os machos maduran cando alcanzan entre 210 e 240 cm de lonxitude; as femias, cando miden uns 300 cm aproximadamente.[4]

Aproveitamento

editar
 
Debuxo do perfil do peixe martelo, e visión ventral da súa cabeza.

Péscase con palangre, e poden aproveitarse a carne, as aletas, o fígado e as mandíbulas.

Comportamento

editar

É agresivo, rexistrándose casos de ataque ao ser humano, o cal o diferencia doutros tiburóns martelo.[5]

Estado de conservación

editar

Segundo a IUCN, o seu estado de conservación, no ano 2005, estaba cualificado como VU (especie vulnerábel).[6]

En Galicia

editar

Esta especie está rexistrada en augas próximas á nosa costa.[1][2][4][7]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ríos Panisse (1977), pp. 185-186.
  2. 2,0 2,1 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 42.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 183.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Rodríguez Villanueva et al. (1992), pp. 68-69.
  5. 5,0 5,1 Muus et al. (1998), p. 46.
  6. Casper, B. M.; A. Domingo; N. Gaibor; M. R. Heupel; E. Kotas; A. F. Lamónaca; J. C. Pérez-Jiménez; C. Simpfendorfer; W. D. Smith; J. D. Stevens; A. Soldo e C. M. Vooren (2005): Sphyrna zygaena na Lista Vermella da IUCN. (en inglés) Consultada o 15/12/2012.
  7. Solórzano et al. (1988), p. 13.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Comnpostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2