Pena Trevinca

pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, o punto de maior altitude do territorio galego

Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar.[1][2][3][4][5]

Modelo:Xeografía físicaPena Trevinca
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Parte deMazico de Pena Trevinca Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaA Veiga, España e Porto, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°12′N 6°48′O / 42.2, -6.8
CordilleiraMacizo Galaico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.127 m Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5263351

Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. A ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. O motivo de protección radica en constituír un ecosistema subalpino galego ben conservado.[6][7] Ademais, a parte zamorana de Pena Trevinca está recoñecida dentro do Parque Natural do Lago de Seabra[8][9] e o pico ao completo como parte do lugar de interese xeolóxico dentro do "Altiplano da Serra Segundeira", que se estende por parte da Veiga e de Seabra.

Xeografía e xeoloxía

editar

Xeografía

editar

Pico de Pena Trevinca e o macizo

editar

O pico de Pena Trevinca coñécese tamén co nome de Pena Trevinca Sur (2127 m). Forma parte dunha serra do macizo de Pena Trevinca que rexistra varias altitudes superiores aos 2000 m, como Pena Negra (2123 m), Pena Surbia (2122 m) ou Pena Trevinca Norte (2041 m).[1][10]

O grupo de picos de Trevinca están á cabeceira do río zamorano Tera e forman un val glacial.[11] As serras menores que a rodean ocupan os espazos do leste e suroeste de Trevinca. O río Sil limítaas máis ao norte, e os ríos Bibei e Xares nacen na serra e limítana polo oeste.[12]

O espazo natural de Pena Trevinca

editar

O espazo natural declarado ZEC ampara a serra Calva e a parte da serra do Eixe. Entre os picos que protexe están Pena Survia, Pena Trevinca, Alto do Torno e o Alto da Corraliza.[6]

A hidrografía do espazo inclúe a parte do río Bibei e case a metade do encoro de Pías, os altos do río Xares e Sanxil, o río da Canda, os rego dos Poulos ou do Couto, o rego da Fonfría e río da Camba na súa parte final xa no encoro do Vao.[6]

Xeoloxía

editar

O pregamento herciniano do macizo ibérico e os posteriores axustes modelaron as serras que rodean a Pena Trevinca. Pena Trevinca está a unha altura importante pero mostra caídas ao seu arredor de máis de 700 metros. Os efectos da glaciación do cuaternario formaron eses vales e deixaron chairas puídas con guías de rotura sobre das rochas abruptas. Arredor do arco do glacial vénse morenas. O pregamento no que está Trevinca é de xistos e cuarcitas do cámbrico-ordovícico. Noutras áreas do espazo natural hai solos de granitoides biotíticos, lousas ou filitas con xistos, cuarcitas brancas ou lousas homoxéneas.[13][1] Na vertente zamorana os solos están formados por lousas.[14] Desde o pico de Pena Trevinca pódese observar a forma en "U" do val fluvial de orixe glacial do río Tera. Na Pena Trevinca pódense observar pregamentos sinformes.[3]

O macizo de Pena Trevinca ten un clima de alta montaña nos seus cumes e arredores. Os espazos que rodean a estes teñen climas centroeuropeos, de tipo perhúmidos mesotérmicos.[12]

Flora e fauna

editar

No ecosistema de Pena Trevinca hai as augas estancadas da montaña con vexetación oligotrófica ou mesotrófica. Nestas altitudes están presentes especies como o piorno galego. Arredor de lagoas e da auga, e en zonas altas hai turbeiras. Nos cumes das montañas hai queiroas de zonas temperás, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e outras especies de lugares máis secos ou incluso alpinos e boreais. Algúns queiroas mostran toxos con elas.[6]

Nos vales dos ríos hai comunidades de vexetación de brañas e ribeiras, e preto deles prados secos e matogueiras e gramíneas, como Nardus. Nas altitudes máis baixas hai prados de sega e sega de montaña.[6]

Os bosques arredor dos ríos son de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Outros bosques fórmanos os carballos Quercus robur e Quercus pyrenaica. Ademais están presentes os soutos, as aciñeiras, os acivros e teixos de Taxus baccata.[6]

As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Festuca elegans
Festuca summilusitana
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis
Santolina semidentata

Teixadal de Casaio

editar

O teixedal de Casaio e un bosque de máis de 300 teixos e de 6 hectáreas en Casaio (Carballeda de Valdeorras). É o bosque de teixos máis occidental de Europa.[10][15][16]

Invertebrados

editar

As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Lucanus cervus
Oxygastra curtisii

Peixes

editar

A especie de peixe que está presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Chondrostoma polylepis

Anfibios e réptiles

editar

As especies da anfibios e réptiles que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Lacerta monticola
Lacerta schreiberi

Esta serra é unha ZEPA xa que é unha área prioritaria para algunhas aves de interese. Atópanse neste espazo natural a aguia real (Aquila chrysaetos), que está en perigo de extinción, charrela (Perdix perdix) e a Hyla arborea.[6]

Algúns concellos do ZEC están dentro da área SEO/Birdlife de referencia IBA 011 “Serra da Cabrera” e que ocupa territorio ourensá, leonés e zamorano.[7]

Mamíferos

editar

As especies de mamíferos que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[6]

Especie
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Myotis blythii
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros

Lexislación

editar

A Pena Trevinca está na Rede Natura 2000 como ZEC desde o Decreto 37/2014 en 2014. O 19 de xuño de 2008 parte do espazo natural foi declarado polo goberno galego zona de especial protección para as aves "Pena Trevinca"[17]. Esta figura de protección abrangue un total de 22.510,3 hectáreas repartidas nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga e Viana do Bolo.

As normativas municipais declararon como espazos de interese local:

  • O Teixedal de Casaio.
  • O espazo natural “Montes de Pena Trevinca e Texeidal de Casaio”, declarado dentro das normas da provincia de Ourense.
  • Zonas húmidas protexidas dentro do "inventario de zonas húmidas galego" como "complexo de lagoas de Trevinca e a lagoa de Sestil Alto"[18] e que prevé nomear os encoros asociados ao río Xares, ás lagoas de Ocelo, da Serpe, do rego de Bidueiro, da Piatorta; e os montes do Candán, o Alto da Veiga do Bidueiro, o Montouto e o Alto da Xurbia.
  • O “Bidueiral de Xares" en Seoane dentro do “Catálogo de árbores senlleiras de Galicia”.[19]

Etimoloxía do topónimo

editar

O seu nome é unha evolución de tri finnica, tres estremas.[20]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, Goberno de España (eds.). "Instituto Geológico y Minero de España - IGME". Consultado o 27/10/2017. 
  2. INEG - Laboratório Nacional de Energia e Geologia, I.P. República Portuguesa (eds.). "geoPortal". Consultado o 27/10/2017. 
  3. 3,0 3,1 Montes, Alejandro Díez (2007). La geología del Dominio "Ollo de Sapo" en las Comarcas de Sanabria y Terra do Bolo. ISBN 978-84-933799-9-5. Consultado o 28/10/2017. 
  4. BOE, Goberno de España (eds.). "Real Decreto 1071/2007, de 27 de julio, por el que se regula el sistema geodésico de referencia oficial en España. «BOE» núm. 207, de 29 de agosto de 2007" (en castelá). BOE-A-2007-15822: 35986–35989. Consultado o 28/10/2017. El objeto de este real decreto es la adopción en España del sistema de referencia geodésico global, ETRS89, sustituyendo al sistema geodésico de referencia regional ED50 sobre el que actualmente se está compilando toda la cartografía oficial en el ámbito de la Península Ibérica y las Islas Baleares, y el sistema REGCAN95 en el ámbito de las Islas Canarias, permitiendo una completa integración de la cartografía oficial española con los sistemas de navegación y la cartografía de otros países europeos. [...] Se adopta el sistema ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989) como sistema de referencia geodésico oficial en España para la referenciación geográfica y cartográfica en el ámbito de la Península Ibérica y las Islas Baleares.  
  5. Algúns teñen indicado que sobre "nivel do Atlántico" a altitude sería de 2124.
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Rede galega de espazos protexidos - Pena Trevinca". Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesturas. Xunta de Galicia., eds. (5 de setembro de 2012). "Resolución da secretaría xeral de calidade e avaliación ambienta pola que se aproba o documento de referencia para a avaliación ambiental estratéxica do plan xeral de ordenación municipal do Concello da Veiga. Documento de referencia para a AAE do PXOM do Concello da Veiga. Clave 2007AAE0245". Santiago de Compostela. 
  8. Patrimonio Natural de Castilla y León, Junta de Castilla y León (eds.). "Parque Natural Lago de Sanabria y Alrededores". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  9. Turismo de Sanabria (eds.). "Parque Natural Lago de Sanabria y Alrededores". 
  10. 10,0 10,1 Xunta de Galicia (eds.). "Turgalicia". 
  11. Pérez-Alberti, Augusto; Gómez-Pazo, Alejandro. "Glaciers Landscapes during the Pleistocene in Trevinca Massif (Northwest Iberian Peninsula)". Land (12). 
  12. 12,0 12,1 JJ Pino, C López, C Carballo e R Pino. Ministerio de Medio Ambiente, Goberno de España., eds. "Espacio natural de Peña Trevinca, Foio Castaño" (PDF). 
  13. ">Martínez-García, E. Quiriga, J.L. Cuaderno Lab. Xeolóxico de Laxe, eds. "Estructura de la antiforma del Ollo de sapo en el sector de Sanabria-Alcañices (Zamora, Ourense, NW de España)" 10. A Coruña: 27–35. 
  14. Patrimonio Natural de Castilla y León, Castilla y León (eds.). "Monumento Natural 'Lago de la Baña'". 
  15. Manuel Gago (7/05/2008). Diario Proxecto Dous Miles Roteiros, eds. "O Teixedal de Casaio, en Pena Trevinca". 
  16. Manuel Gago (7/05/2008). Diario Proxecto Dous Miles Roteiros, eds. "Como chegar ao Teixedal de Casaio en Pena Trevinca". 
  17. Decreto 131/2008, de 19 de xuño, polo que se declara zona de especial protección para as aves o espazo natural Pena Trevinca (DOG nº 124, de 27 de xuño de 2008).
  18. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. DOG, Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.". 
  19. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. DOG, Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.". Con modificación da Orde do 3 de outubro de 2011 
  20. "Montes e serras: Pena Trevinca". Portal das Palabras. 26 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 1