Philip Marlowe é un detective privado creado por Raymond Chandler para algunhas das súas novelas, incluíndo The Big Sleep ou O longo adeus.

Modelo:BiografíaPhilip Marlowe

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoSanta Rosa, Estados Unidos, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndetective privado, xadrecista Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata

Características

editar

Marlowe apareceu inicialmente nunha historia curta, chamada Finger Man, publicada en 1934. Nesta aparición, porén, Chandler non desenvolvera aínda as características que se converterían na súa marca persoal e é difícil distinguilo doutras personaxes de Chandler, como John Dalmas ou Carmady. Posteriormente, como se ve nas súas seguintes novelas, Marlowe vive nos Ánxeles, mentres que en Finger Man habitaba na ficticia cidade de San Angelo.

Marlowe é unha personaxe típica da novela norteamericana de detectives, iniciada por Dashiell Hammett e a revista Black Mask na década dos anos 20, onde os detectives privados eran observadores pesimistas e cínicos dunha sociedade corrupta, aínda que tanto Marlowe como outro duro detective, o Sam Spade de Hammett, persisten no seu deslustrado idealismo.

Baixo a pel do duro e bebedor detective privado, Marlowe é un individuo contemplativo e filosófico. Marlowe adora o xadrez e a poesía. Malia non ter medo á dor física, non usa a violencia para axustar contas. A súa moral permítelle resistir o hipnotismo das femmes fatales, como Carmen Sternwood en The Long Dream. Chandler referíase así ó seu ideal de detective en xeral: “Creo que podería seducir a unha duquesa, pero estou bastante seguro de que non mancharía a unha virxe”.

Philip Marlowe é ademais obxecto de homenaxe e co-protagonista da novela "Triste, Solitario y Final" (1973) do escritor arxentino Osvaldo Soriano.

Influencias

editar

O nome de Marlowe probablemente derive tanto do poeta isabelino Christopher Marlowe como do narrador da novela de Joseph Conrad Hearth of Darkness, que usaba un deletreo distinto do apelido.

Marlowe foi interpretado na pantalla por Humphrey Bogart, George Montgomery, Robert Mitchum, Elliot Gould, Danny Glover e James Caan. Na radio, The Adventures of Philip Marlowe, a personaxe era interpretada por Van Heflin na NBC (do 17 de xuño ó 9 de setembro de 1947) e por Gerald Mohr na CBS (do 26 de setembro de 1948 ó 15 de setembro de 1951). Powers Boothe fixo o papel de Marlowe na serie de televisión da HBO Philip Marlowe, Private Eye, que estivo na grela de 1984 a 1986.

Marlowe posúe unha personalidade tan complexa e atractiva que ten aparecido en novelas doutros autores, como Raymond Chandler's Philip Marlowe: A Centennial Celebration (1988). A personaxe principal da miniserie de Dennis Potter, The Singing Detective (1986) é o novelista Philip E. Marlow (interpretado por Michael Gambon). O libro Tart Noir (2002), cunha vintena de historias por Van McDermid & Co foi inspirado, aparentemente, por Marlowe.

Pese a todo, Chandler tiña un actor que encarnaba para el a Marlowe, e diso deixou constancia:

"Se algunha vez tivese a oportunidade de elixir a un actor de cine que representara mellor a imaxe que eu teño del, creo que tería que ser Cary Grant".

Bibliografía de Marlowe

editar
  • Finger Man (1934) (relato).
  • The Big Sleep (1939).
  • Farewell, My Lovely (1940).
  • The High Window (1942).
  • The Lady in the Lake (1943).
  • The Little Sister (1949).
  • O longo adeus (The Long Goodbye (1954).
  • Playback (1958).
  • Poodle Springs (1959) (Completada por Robert B. Parker, 1989).
  • The Pencil, ou tamén Marlowe Takes on the Syndicate (1961) (relato).
  • Perchance to Dream (Robert B. Parker, 1991).
  • Raymond Chandler's Philip Marlowe: A Centenary Celebration (colección de relatos de Marlowe por outros autores, ed. Byron Preiss, 1988)

Algunhas delas foron trasladadas por Hollywod ao cinema:

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 2
idea 2
INTERN 1
todo 2