Piúgos, Lugo
Santiago de Piúgos é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo , na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 344 habitantes, deles 164 eran homes e 180 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Piúgos | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santiago de Piúgos | |
Concello | Lugo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°59′06″N 7°33′48″O / 42.985, -7.5632 |
Poboación | 336 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A nivel eclesiástico, a parroquia pertence ao arciprestado dos Coutos de Lugo.
Toponimia
editarPiúgos é un topónimo único en Galicia. A presenza na documentación medieval dunha uilla Pelucus en 964, fai pensar nunha orixe baseada na forma PILŪCUS, posiblemente un alcume derivado do termo latino PILUS (pelo ou cabelo), ao que se agrega o sufixo pexorativo -ŪCUS. Pilus foi, así mesmo, un antropónimo prelatino rexistrado por Holder na antiga Lusitania[2].
Galería de imaxes
editar-
Peto de ánimas
Lugares e parroquias
editarLugares de Piúgos
editarLugares da parroquia de Piúgos no concello de Lugo (Lugo) | |
---|---|
As Casas Novas | Cima de Vila | Os Congos | A Pena da Mula | Piúgos de Pena | O Rego do Espiño | Santoíño | As Tabernas | Toiriz |
Parroquias de Lugo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Toponimia do concello de Lugo, tese de doutoramento na USC en 2014. Por VÁZQUEZ GARCÍA, Carlos (dirixida por BOULLÓN AGRELO, Ana Isabel). páx. 173