Piedade
Piedade refírese á compaixón, a clemencia ou a misericordia que se ten cara a algo ou alguén.
Etimoloxía
editarA palabra piedade vén da palabra pietas latina, a forma do substantivo do adxectivo pius, que significa 'devoto' ou 'bo'.
Defínese a pietas coma un sentimento que impulsa ao recoñecemento e cumprimento de todos os deberes, non só para coa divindade, os pais, a patria, os parentes, os amigos, senón para con todo ser humano.[1]
Segundo a RAG, a palabra piedade posúe estas acepcións:
- Sentimento de devoción a Deus, a Virxe, os santos e as cousas da relixión.
- Acción de axudar a alguén, que vén provocada polo sentimento de pena que nos produce a situación desa persoa ou animal.[2]
Notas
editar- ↑ Diccionario latino de Blánquez Fraile
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Piedade.