Piero della Francesca
Piero della Francesca, nado en Sansepolcro en 1415[1] e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1492, foi un pintor italiano do Quattrocento. Igual que os grandes mestres do seu tempo, Piero destacou sempre pola creatividade en relación ao pasado medieval, presentando técnicas e temáticas innovadoras como o uso da tea e da pintura ó óleo, o retrato, a representación da natureza, o nu, e, especialmente, a perspectiva e a creación do volume. No século XV, Piero della Francesca, desenvolveu unha pintura persoal e solemne, mesturando formas xeométricas e cores intensas. A súa pintura diferénciase pola utilización da xeometría espacial e abstracción.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Piero di Benedetto dei Franceschi 1415 Sansepolcro (República de Florencia) |
Morte | 12 de outubro de 1492 (76/77 anos) Sansepolcro (República de Florencia) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeometría, pintura e matemáticas |
Lugar de traballo | Arezzo Rimini Roma Sansepolcro (pt) Perugia Florencia Monterchi (pt) Ferrara Urbino |
Ocupación | pintor, matemático, teórico da arte |
Período de actividade | 1427 (Gregoriano) - 1492 (Gregoriano) |
Xénero artístico | Pintura |
Movemento | Primeiro Renacemento |
Profesores | Antonio di Anghiari (pt) e Domenico Veneziano |
Alumnos | Luca Signorelli |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Piero della Francesca, 68) Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.16, Piero della Francesca pittore dal Borgo a San Sepolcro) Biblioteca dixital BEIC |
Traxectoria
editarCoñécese pouco sobre a biografía do artista.[2] Naceu en Borgo Santo Sepolcro,[1] na rexión da Toscana, fillo do riquísimo comerciante de tecidos Benedetto de' Franceschi, co nome de Pietro Franceschi e polo tanto pertencía a unha das máis distinguidas familias aristocráticas da historia da Toscana e de Italia. Co nome artístico de Piero della Francesca, Pietro posibelmente estudou cos artistas de Siena, onde viviu. En 1439, traballaba con Domencio Veneziano nos frescos para o hospital de Santa Maria Nuova, en Florencia. Tamén traballou en Rimini, Roma e Ferrara, onde a súa influencia se aprecia no traballo alegórico de Cosimo Tura. Entre os seus discípulos está Melozzo da Forlì.
En Arezzo, próximo á súa cidade natal, creou o políptico Misericordia (1462?) e o fresco Resurrección (1460?), onde empregou varias perspectivas. O conxunto de frescos realizados para a capela de San Francisco de Arezzo representan A Lenda da Verdadeira Cruz (1452-59) e son os máis representativos do seu traballo. A obra incompleta A Natividade encóntrase actualmente en Londres. É da súa autoría o díptico que retrata os duques de Urbino, Frederico de Montefeltro e a súa esposa, Battista Sforza. De feito, tal obra sería, no século XX, de importancia fundamental para a aparición do cubismo, pois foi obxecto de estudos por parte de Picasso, Braque e outros, en función da construción case xeométrica dos rostros retratados. Cando comezou a ficar cego, Piero pasou a dedicarse á matemática, escribindo o tratado De prospectiva pingendi.
Características
editarO sentido poético da arte de Piero della Francesca exprésase no sentimento de intemporalidade transmitido pola harmonía dos tons claros e polo tratamento dado ás figuras, tratadas en volumes simples. O termo que mellor define a súa arte é "tranquilidade", o que non dispensa un tratamento técnico rigoroso. O estudo da perspectiva, especialmente, absorbeu o pintor, dedicando os últimos anos da súa vida a escribir tratados sobre matemática e perspectiva. A súa obra caracterízase por unha dignidade clásica, similar a Masaccio.
Obras
editar- O Bautismo de Cristo: utiliza a paisaxe da rexión da Umbria. Orixinalmente era o panel central dun gran tríptico.
- A Flaxelación: unha das súas máis famosas pinturas. Foi executada cando Piero visitou Urbino. Enténdese que Piero tamén era consciente das innovacións arquitectónicas da época.
- A Natividade: unha das últimas obras de Piero.
- A Resurrección de Cristo
- A Historia da Santa Cruz: forma parte dunha secuencia de frescos na igrexa de San Francesco, na cidade de Arezzo. Os frescos contan a historia da "Verdadeira Cruz", a madeira que foi usada na cruz de Cristo.
-
Santo Agostiño (1455-60) no MNAA, Lisboa
-
Sacra Conversazione (Pala di Brera) (1472) na Pinacoteca de Brera, Milán
-
Bautismo de Cristo (1448-50) na National Gallery, Londres
-
Flaxelación (c. 1455) na Galleria Nazionale delle Marche, Urbino
-
Resurrección (c. 1460) no Museo Cívico de Sansepolcro
-
Políptico da Misericordia (1460-62) no Museo Cívico de Sansepolcro
-
Políptico de Santo Antonio (c. 1470), na Galleria Nazionale dell'Umbria
-
A Historia da Vera Cruz (1452-66) na Basílica de San Francisco de Asís, Arezzo
-
Retrato duplo dos duques de Urbino (1465-66) na Galleria degli Uffizi, Florencia
-
Hércules (c. 1465) no Isabella Stewart Gardner Museum, Boston
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piero della Francesca |
Bibliografía
editar- Laskowski, Birgit (2007). Piero della Francesca. Maestri dell’arte italiana (en italiano). Milán: Gribaudo. ISBN 978-3-8331-3757-0.
- Longhi, Roberto. 1949. "Piero della Francesca" Google books.pt
Ligazóns externas
editar- Piero della Francesca Arquivado 22 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en italiano) (en inglés)
- Sobre a esfera e o cilindro, Sobre as medidas do círculo, Sobre conoides e esferoides, Sobre espirais, Sobre o equilíbrio dos planos, Sobre a quadratura da parábola, O contador de areia (en portugués) (en latín)